Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.882

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (389/1995).

José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fai saber que no dito xulgado e co número 389/1995, se tramita procedemento de xuízo executivo por instancia de Banco de Galicia, S.A., contra Enrique Fontáns Señarís e María del Carmen Suárez González, no que por resolución do día de hoxe se acordou sacar a poxa pública por primeira vez e polo prazo de vinte días, os bens que logo se dirán, sinalándose para que o acto do remate teña lugar na sala de audiencia deste xulgado, o día catro de febreiro de 1997, ás 10 horas, coas seguintes prevencións:

Primeiro. Que non se admitirán proposicións que non cubran as dúas terceiras partes da taxación.

Segundo. Que os licitadores para tomar parte na poxa deberán consignar previamente na conta deste xulgado no Banco de Bilbao Vizcaya, S.A. número 1500-17-038995, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% do valor dos bens que sirva de tipo, facéndose consta-lo número e ano do procedemento, sen este requisito non serán admitidos, non aceptándose entrega de diñeiro en metálico ou cheques.

Terceiro. Unicamente o executante poderá concorrer coa calidade de cede-lo remate a terceiros.

Cuarto. En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse proposicións por escrito en prego pechado, facendo o depósito a que se fixo referencia anteriormente.

Os autos e a certificación rexistral que suple os títulos de propiedade estarán de manifesto na secretaría do xulgado onde poderán ser examinados, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación existente e que as cargas anteriores e as preferentes, se as houber, quedarán subsistentes sen destinarse á súa extinción o prezo do remate, e entenderase que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade delas.

Para o suposto de que non houbese licitadores na primeira poxa, sinálase para a celebración dunha segunda, o día 4 de marzo de 1997, ás 10 horas, servindo de tipo o 75% do sinalado para a primeira poxa, e serán de aplicación as demais previsións da primeira.

Igualmente, e para o caso de que tampouco houbese licitadores na segunda poxa, sinálase para a celebración dunha terceira o día 8 de abril de 1997 ás 10 horas, esta poxa celebrarase sen suxeición a tipo, debendo consignar quen desexe tomar parte nela o 20% do tipo que serviu de base para a segunda.

Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non se puidese celebra-la poxa no día e hora sinalados, entenderase que se celebrará o seguinte día hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

Bens que se sacan a poxa e o seu valor.

Rústica. Parcela número 449 da zona de concentración parcelaria de Santa María de Figueiras, concello de Santiago de Compostela. Terreo dedicado a labradío no sitio de Piñeiro, de 4 áreas, 10 centiáreas. Indivisible. Este predio ten instalada unha construcción e está cruzado por unha conducción subterránea de auga. Inscrito no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela, tomo 1.138, libro 180, folio 179, predio 17.103. Valor de taxación: 2.245.000 pesetas.

Dado en Santiago de Compostela o sete de novembro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O/A secretario/a

Rubricado

8545