Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.883

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

EDICTO do 28 de outubro de 1996, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se fan públicos os requirimentos a diversos contribuíntes (Josefa Fraga Pallas e vintecatro máis) en relación coas súas declaracións tributarias.

Non sendo atopados nos respectivos domicilios coñecidos por esta Delegación de Economía e Facenda e, por conseguinte, sen se poder levar a efecto a notificación pretendida ós contribuíntes que de seguido se relacionan, de acordo co previsto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente edicto fanse públicos os requirimentos a diversos contribuíntes en relación coas declaracións tributarias presentadas polos ditos interesados, e relativos ós tributos que, así mesmo, se indican.

Advírtese que, de acordo co establecido nos artigos 35 e 43.3º da Lei xeral tributaria (BOE nº 313, do 31 de decembro de 1963), requíreselles para que, no improrrogable prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, fagan presentación dos documentos, e apercibíndoos de que, transcorrido o dito prazo sen aportaren os documentos sinalados, poden ser sancionados por infracción tributaria simple con multa de 1.000 a 150.000 ptas., segundo dispoñen os artigos 77, 78 e 83 da Lei xeral tributaria e sen prexuízo, se é o caso, de inicia-lo oportuno expediente de investigación.

A Coruña, 28 de outubro de 1996.

Jaime Cabeza Gras

Delegado territorial da Coruña

Imposto: transmisións patrimoniais e A.X.D.

Nº ExpedienteContribuínte e enderezoDocumentación requirida

T-14027/93Josefa Fraga Pallas

r/ Eugenio Carre 7

15007 A Coruña

-Relación de bens da herdanza de Luis Enríquez Díaz.
T-15585/93José Luis Castro López

Elviña II Fase Edf. San Cristobal 1 4º

15008 A Coruña

-Certificado da Caixa de Aforros de Galicia que xustifica o destino do préstamo que se cancela no protocolo nº 2317 do notario José Añino Garrido.

-«Cédula subxectiva» de cualificación de vivendas de protección oficial relacionada coa dita vivenda.

Nº ExpedienteContribuínte e enderezoDocumentación requirida

T-17600/93Álvaro García Castro

Plg. de Esteiro Parc-8B Port. 1 3º Esq.

15400 Ferrol

-Certificado do Banco Hipotecario de España que xustifica o destino do préstamo que se cancela no protocolo nº 2237 do notario José Miguel Sánchez-Andrade Fernández.

-Cédula de cualificación de vivendas de protección oficial relacionada coa dita vivenda.

T-17712/93Imprent, S.A.

r/ Pastor Díaz 16

15006 A Coruña

-Acreditar debidamente que a transformación da sociedade se realizou antes do 30 de xuño de 1992, en aplicación do punto cuarto da Resolución do 18 de marzo de 1992, da Dirección Xeral dos Rexistros e Notariado sobre consulta relativa ó prazo de adaptación das sociedades mercantís á nova lexislación (BOE do 7-4-1992), e de acordo coa disposición transitoria terceira, punto 2 da Lei 19/1989, do 25 de xullo, de reforma parcial de adaptación da lexislación mercantil ás directivas da Comunidade Económica Europea en materia de sociedades (BOE do 27-7-1989).
T-18067/93Luis Ledo Vázquez

Plg. Esteiro Parc-8B Port. 5 5º Esq.

15400 Ferrol

-Certificado do Banco Hipotecario de España que xustifique o destino do préstamo que se cancela no protocolo nº 2239 do notario José Miguel Sánchez-Andrade Fernández.

-Cédula de cualificación de vivendas de protección oficial relacionada coa dita vivenda.

T-19521/93Juan Jesús Fontela Pérez

r/ Orillamar 35 4º D

15001 A Coruña

- CIF da empresa Creación de Mercados Europeos, S.L.
T-03308/94Francisco Morais Diz

Plg. Elviña Edf. Alcalde Molina 3 8º I

15008 A Coruña

-Certificado da Caixa de Aforros de Galicia que xustifique o destino do préstamo que se cancela no protocolo nº 102 do notario Fernando Alba Puente.

- «Cédula subxectiva» de cualificación de vivendas de protección oficial relacionada coa dita vivenda.

T-11327/94María del Carmen Souto Álvarez

r/ Petunias 25

15008 A Coruña

-Declaración subscrita por tódolos interesados, do valor atribuído a cada un dos bens relacionados no documento de partición da herdanza de Carmen Álvarez Pampillón, outorgada o día 13 de maio de 1994 perante o notario Francisco Ordóñez Armán co nº 1332 do seu protocolo, para os efectos da comprobación da non suxeición alegada ou para practica-la liquidación o liquidacións que, procedan.
T-14318/94Jorge Fco. Javier Lestón Oliva

Pz de la Ría 4 1º G

15660 Cambre

-Certificado de Caixa Galicia que xustifique o destino do préstamo que se cancela na escritura formalizada perante o notario Jose Añino Garrido co nº 1498 do seu protocolo.

-Cédula de cualificación definitiva da vivenda.

T-15446/94María Luz Cadenas Rodríguez

r/ Rúa dos Muíños 17

15659 Culleredo

-Declaración asinada polo comprador e vendedor do valor individual de cada un dos dous predios adquiridos, para os efectos de determina-la súa posible incidencia no artigo 14.7º do R.D. lexislativo 1/1993, do 24 de setembro.
T-18665/94Manuel Merino Rubio

r/ Arquitecto Rey Pedreira 25 4º Esq.

15011 A Coruña

-Declaración asinada polo comprador e vendedor do valor individual de cada un dos dous predios adquiridos, para os efectos de determina-la súa posible incidencia no artigo 14.7º do R.D. lexislativo 1793, do 24 de setembro.
T-21579/94Jesusa García Lamas

Trv. da Coruña sn Port.2 1º Esq.

15145 Laracha

-Certificado do Banco Hipotecario de España que xustifique o destino do préstamo que se cancela no protocolo nº 3787/94 do notario Ramón González Gómez.

-Cédula de cualificación definitiva da vivenda de protección oficial co nº de expte. 15-1-0022/90.

T-24822/94Alberto Manuel Varela Gasaro

Plg. Adormideiras Edf. Lagoa 2 7º C

15002 A Coruña

-Declaración asinada polo comprador e vendedor do valor individual de cada un dos predios adquiridos, para os efectos de determina-la súa posible incidencia no artigo 14.7º do R.D. lexislativo 1/1993, do 24 de setembro.
T-24888/94Alejandro Fariña Cotarelo

r/ Begonias Blq. 32 baixo Esq.

15008 A Coruña

-Certificado do Instituto Galego da Vivenda e Solo onde conste o prezo máximo de venda en segundas transmisións do piso do barrio das Flores e referido á data de transmisión 23 de decembro de 1994.

Nº ExpedienteContribuínte e enderezoDocumentación requirida

T-02803/95Jesús García Mariño

r/ Pastor Díaz 1 4º

15006 A Coruña

-Escritura de compra do 17-7-1958 outorgada ante o notario Rafael Pardo Argüelles.
T-03527/95Cronosfer, S.A.

Plg. O Tambre - Vía Pasteur 8-A

15700 Santiago de Compostela

-Escritura orixinal de constitución da sociedade Cronosfer S.A.
T-07102/95Luis José García-Boente Alonso

r/ Alfonso Molina 4 2º I

15005 A Coruña

-Copia simple da escritura de cancelación da hipoteca do notario Andrés Cancela Ramírez de Arellano, nº de protocolo 379.
T-09495/95Luis Sánchez Carro

r/ San Jorge 27 5º D

15002 A Coruña

-Relación de material que se adquire no protocolo 1156/95 do notario Luis Santiago Gil Carnicer.
T-12344/95Modesto López Fernández

r/ Cidade de Lugo 28 4º

15004 A Coruña

-Certificado do Instituto Galego da Vivenda e Solo onde conste o prezo máximo de venda en segundas ou posteriores transmisións, do piso do barrio das Flores, referido á data de compra 15 de xuño de 1995.
T-04753/96José Álvarez García

r/ Camariñas 10 1º

15002 A Coruña

-Expediente orixinal e fotocopia do expediente de dominio nº 350/94 do Xulgado de Primeira instancia número dous.
T-05613/96Segundo del Moral Gómez

PB Magdalena 2 H 3º Esq.

15320 As Pontes de García Rodríguez.

-Certificado da Caixa de Aforros de Galicia que xustifique o destino do préstamo que se cancela en escritura formalizada ante o notario Federico Maciñeira Teijeiro con data 13-3-1996, co nº 725 de protocolo.

-Cédula de cualificación definitiva de vivendas de protección 15-1-0083/86.

Imposto: sucesións e doazóns

Nº ExpedienteContribuínte e enderezoDocumentación requirida

S-01657/93Antonia Lago Fernández

r/ Profesor Tierno Galván 14 1º A

15189 Culleredo

-Certificado do metálico existente no banco na data do falecemento.
S-01852/93Manuel M. Iglesias Negreira

r/ Perú 14 3º D

15011 La Coruña

-Herdanza de Constantino Rabuñal Cabeza e testamento deste.
S-02158/93María del Carmen Varela Romero

Avda. do Exército 8 7º D

15006 La Coruña

-Resto dos bens deixados ó falecemento de Cayetano Alfredo Osorio Illanes.
S-00121/94Esperanza Mosquera Paris

Lg Anceis sn

15660 Cambre

-Escritura da ratificación da débeda pendente pola compra do piso en Cambre, segundo o establecido no artigo 32 do regulamento e autoliquidación adicionada.

8546