Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.882

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (41/1994).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 41/1994, se seguen autos de executivo outros títulos, por instancia da procuradora Mª Soledad Sánchez Silva, en representación de Lico Leasing, S.A., contra Instituto Gallego de Análisis Clínicos, S.L., Gerardo Novoa Novoa e Mª Luisa Illanes Pardo, en reclamación de cantidade, nas actuacións dos cales se acordou sacar á venda en primeira e pública poxa, polo prazo de vinte días e prezo de valoración pericial, os seguintes bens embargados ós demandados:

1. Vivenda unifamiliar, situada na parcela número 203, de 262 m e 50 dm, sita na urbanización Aldea Nova, no lugar de Lapido, parroquia de Ortoño, concello de Ames, composta de planta baixa de 69 m, destinada a garaxe, cociña, estar-comedor, despensa e aseo e planta alta de 68 m destinada a catro dormitorios e dous baños. Inscrita no tomo 764, libro 190 de Ames, folio 134, predio 18.782. Prezo de valoración pericial: 16.441.640 ptas.

2. Vehículo automóbil turismo, marca Volswagen, modelo Polo Coupe 1,31, matrícula C-8467-AK. Prezo de valoración parcial 325.000 ptas.

3. Equipo analizador bioquímico multiparamétrico, modelo RA-500 «R» número de serie ERC-2818852. Prezo de valoración 350.000 ptas.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena número 2 o próximo día 15 de xaneiro ás once horas, de acordo coas seguintes condicións.

1. O tipo de remate será o prezo de valoración que figura a seguir dos bens embargados, sen que se admitan proposicións que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación deberán os licitadores consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no BBV número de conta 1592-17-41-94 o 20% do tipo do remate.

3. Poderán facerse proposicións por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o vinte por cento do tipo do remate.

4. Só o acredor poderá face-lo remate en calidade de llo ceder a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito, por instancia do acredor, as consignacións dos licitadores que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo de poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a súa obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan pola orde das súas respectivas proposicións.

6. Os títulos de propiedade, suplidos por certificación do rexistro, estean de manifesto na secretaría do xulgado; os licitadores deberán conformarse con eles, sen que poidan esixir outros.

7. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na súa responsabilidade, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resulte deserta o primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o próximo día 17 de febreiro, ás once horas, nas mesmas condicións cá primeira, excepto o tipo do remate que será do setenta e cinco por cento do da primeira; e, en caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 17 de marzo, tamén ás once horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Dado en Santiago de Compostela o quince de novembro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

8476