Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.881

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (253/1995).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fai saber que, neste xulgado se segue procedemento especial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, co número 253/1995, promovido por Banco Hipotecario España, S.A., contra Jesús Manuel Graña García, nos que por resolución desta data, acordouse sacar á venda en pública poxa o inmoble que ó final se describe, que ten un remate que terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, en forma seguinte:

En terceira poxa o día 14 de xaneiro próximo e ás 11 horas da mañá sen suxeición a tipo.

Condicións da poxa:

1. Non admitirán ofertas que non cubran o tipo de poxa, en primeira nin segunda, podendo face-lo remate en calidade de ceder a terceiros.

2. Os que desexen tomar parte na poxa, con excepción do acredor executante, deberán consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no BBV número conta 1592-18-253-95, a cantidade de 1.350.000 ptas. que corresponde ó 20% do tipo da segunda poxa, sen este requisito non serán admitidos a licitación.

3. Os autos e a certificación do rexistro a que se refire a regla cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria, están de manifesto na secretaría, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas ou gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Bens obxecto de poxa:

Local a vivenda sinalado coa letra C, interior do cuarto andar alto da edificación actualmente sinalada co número 253 da avenida de Lugo, desta cidade de Santiago de Compostela. Extensión superficial 76 metros, 60 decímetros cadrados.

Linda, norte de Juan Fraga Rodríguez e patio común; sur, Esperanza Otero; leste, con patio de luces, locais a vivenda, sinalados coas letras A e B e bloque de escaleiras e oeste, coa terraza do local número 3 e despois propiedade de José Rama Castro. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela, número 1 ó tomo 1022, libro 61, folio 77, finca número 5384.

Dado en Santiago de Compostela o catorce de novembro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

8652