Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 29 de novembro de 1996 Páx. 10.789

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de outubro de 1996 pola que se aproban determinados proxectos editoriais para a educación primaria e se autoriza o uso de libros de textos e dos correspondentes materiais curriculares en centros docentes públicos e privados da Comunidade Autónoma.

O Decreto 89/1993, do 19 de abril, regulou a autorización de libros de texto e doutros materiais curriculares para as ensinanzas de réxime xeral, así como o seu uso nos centros docentes.

O devandito decreto estableceu como elemento fundamental do proceso de autorización a presentación do proxecto editorial e definiu as condicións que este ten de reunir para a súa aprobación.

A Orde do 15 de novembro de 1994 desenvolve o devandito decreto, concretando a documentación que debe acompaña-la solicitude de autorización e precisando os termos nos que os libros de texto e os materiais curriculares, sempre que se axusten ó proxecto editorial aprobado, farán consta-la autorización.

En virtude das mencionadas normas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Quedan autorizados os proxectos editoriais supervisados que se mencionan no anexo da presente orde, así como o uso, nos centros docentes públicos e privados da comunidade autónoma, dos libros de texto e dos correspondentes materiais curriculares nos que se concretan os devanditos proxectos.

Artigo 2º

Os libros de texto e materiais curriculares resultantes do proxecto editorial mencionado farán consta-la autorización nos termos establecidos na dita Orde do 15 de novembro de 1994.

A presente orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Relación dos proxectos editoriais supervisados

EditorialProxecto

Grupo Anaya-Proxecto editorial «Matemáticas» da área de matemáticas para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.-Proxecto editorial «Lingua Galega e Literatura» da área de lingua e literatura galega para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.-Proxecto editorial «Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural» da área de coñecemento do medio natural, social e cultural para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.
Oxford University Press-Proxecto editorial «Top Secret» da área de lingua estranxeira: inglés para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación primaria.
Rodeira-Grupo Edebé-Proxecto editorial da área de lingua e literatura castelá para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.

EditorialProxecto

Ediciones S.M.-Proxecto editorial «Papelo» das áreas de lingua, matemáticas e coñecemento do medio natural, social e cultural para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.-Proxecto editorial «Lingua» da área de lingua e literatura galega para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.-Proxecto editorial «Chiriviscas» das áreas de lingua, matemáticas e coñecemento do medio natural, social e cultural para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación primaria.
Luis Vives (Edelvives)-Proxecto editorial da área de lingua estranxeira: inglés para o 2º ciclo de educación primaria.

8643