O Decreto 89/1993, do 19 de abril, regulou a autorización de libros de texto e doutros materiais curriculares para as ensinanzas de réxime xeral, así como o seu uso nos centros docentes.
O devandito decreto estableceu como elemento fundamental do proceso de autorización a presentación do proxecto editorial e definiu as condicións que este ten de reunir para a súa aprobación.
A Orde do 15 de novembro de 1994 desenvolve o devandito decreto, concretando a documentación que debe acompaña-la solicitude de autorización e precisando os termos nos que os libros de texto e os materiais curriculares, sempre que se axusten ó proxecto editorial aprobado, farán consta-la autorización.
En virtude das mencionadas normas,
DISPOÑO:
Artigo 1º
Quedan autorizados os proxectos editoriais supervisados que se mencionan no anexo da presente orde, así como o uso, nos centros docentes públicos e privados da comunidade autónoma, dos libros de texto e dos correspondentes materiais curriculares nos que se concretan os devanditos proxectos.
Artigo 2º
Os libros de texto e materiais curriculares resultantes do proxecto editorial mencionado farán consta-la autorización nos termos establecidos na dita Orde do 15 de novembro de 1994.
A presente orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación.
Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1996.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Relación dos proxectos editoriais supervisados
Editorial Proxecto
Obradoiro-Santillana, S.A. -Proxecto editorial «Educación infantil-3 anos» para o segundo ciclo de educación infantil.-Proxecto editorial «Educación infantil-4 anos» para o segundo ciclo de educación infantil.-Proxecto editorial «Educación infantil-5 anos» para o segundo ciclo de educación infantil. Rodeira-Grupo Edebé -Proxecto editorial «Amorodo-Limón-Piña» para o segundo ciclo de educación infantil.
8644