Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 29 de novembro de 1996 Páx. 10.788

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de outubro de 1996 pola que se aproban determinados proxectos editoriais para o bacharelato e se autoriza o uso de libros de textos e dos correspondentes materiais curriculares en centros docentes públicos e privados da Comunidade Autónoma.

O Decreto 89/1993, do 19 de abril, regulou a autorización de libros de texto e doutros materiais curriculares para as ensinanzas de réxime xeral, así como o seu uso nos centros docentes.

O devandito decreto estableceu como elemento fundamental do proceso de autorización a presentación do proxecto editorial e definiu as condicións que este ten de reunir para a súa aprobación.

A Orde do 15 de novembro de 1994 desenvolve o devandito decreto, concretando a documentación que debe acompaña-la solicitude de autorización e precisando os termos nos que os libros de texto e os materiais curriculares, sempre que se axusten ó proxecto editorial aprobado, farán consta-la autorización.

En virtude das mencionadas normas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Quedan autorizados os proxectos editoriais supervisados que se mencionan no anexo da presente orde, así como o uso, nos centros docentes públicos e privados da comunidade autónoma, dos libros de texto e dos correspondentes materiais curriculares nos que se concretan os devanditos proxectos.

Artigo 2º

Os libros de texto e materiais curriculares resultantes do proxecto editorial mencionado farán consta-la autorización nos termos establecidos na dita Orde do 15 de novembro de 1994.

A presente orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Relación dos proxectos editoriais supervisados

EditorialProxecto

Alhambra Longman-Proxecto editorial «Look Ahead 3 & 4» da materia lingua estranxeira: inglés para o 1º e 2º cursos de bacharelato.
Burlington Books-Proxecto editorial «Themes for Bachillerato» da materia lingua estranxeira: inglés para o 1º e 2º cursos de bacharelato.
Donostiarra-Proxecto editorial «Debuxo técnico» da materia debuxo técnico para o 2º curso de bacharelato.
McGraw-Hill/Interamericana de España-Proxecto editorial «Economía» da materia economía para o 1º curso de bacharelato.-Proxecto editorial «Educación Física» da materia educación física para o 1º curso de bacharelato.-Proxecto editorial «Latín» da materia latín para o 1º curso de bacharelato.
Oxford University Press-Proxecto editorial «New Headway English Course Intermediate» da materia de lingua estranxeira: inglés para o 1º curso de bacharelato.
Edicións Xerais de Galicia, S.A.-Proxecto editorial «Ética e filosofía do dereito» da materia ética e filosofía do dereito para o 1º curso de bacharelato.

8642