Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 29 de novembro de 1996 Páx. 10.784

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 17 de outubro de 1996 pola que se convocan 20 bolsas de promoción exterior do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Observados erros na devandita orde, publicada no DOG nº 219 do 8 de novembro de 1996, cómpre efectua-las seguintes correccións:

-Na páxina 10.019, párrafo 6º, onde di: «...entre as súas funcións coas de impulsa-la a atracción de investimentos...», debe dicir: «...entre as súas funcións coas de impulsa-la atracción de investimentos...».

-Na páxina 10.020, apartado 2.b), onde di: «...Ferrol: Penínsuda de...», debe dicir: «...Ferrol: Península de...».

-Na páxina 10.021, apartado 6, onde di: «...o bolseiro dependerá en todo momento do Igape, e estará sometido ás instruccións... coa institución ou empresa que acolla», debe dicir: «...o bolseiro dependerá en todo momento do Igape, e estará sometido ás instruccións... coa institución ou empresa que o acolla».

-Na páxina 10.021, apartado 7.2., onde di: «Preselección segundo expediente de méritos», debe dicir: «Preselección segundo expediente e méritos».

-Na páxina 10.021, apartado 7.2., onde di: «Reducción ó mesmo número de materias

puntuación obtida x 10

------------------

nº de materias», debe dicir:

«Reducción ó mesmo número de materias:

(puntuación obtida x 10) / (nº de materias)».

-Na páxina 10.021, apartado 7.2., onde di: «Grao tese de licenciatura», debe dicir: «Grao ou tese de licenciatura».

96-8613