Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 29 de novembro de 1996 Páx. 10.783

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 4 de novembro de 1996 pola que se nomean vocais titulares das mesas autonómica e provincial de control e seguimento da renda de integración social de Galicia.

O artigo 36 da Lei 9/1991, do 2 de outubro, de medidas básicas para a inserción social, en concordancia cos artigos 80 e 81 do Decreto 374/1991, do 24 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 9/1991, do 2 de outubro, dispoñen a constitución dunha mesa en cada unha das provincias da Comunidade Autónoma e doutra a nivel autonómico, que actuarán como órganos superiores de control e

seguimento da aplicación da renda de integración social de Galicia e que estarán integradas, entre outros membros, por sete representantes da Administración autonómica e sete representantes das organizacións empresariais máis representativas a nivel autonómico.

As normas de organización e funcionamento interno da mesa autonómica da renda de integración social publicadas no Diario Oficial de Galicia do 23 de outubro de 1992, que rexerán tamén para as mesas provinciais, a teor do disposto no artigo 81.3º do Decreto 374/1991, do 24 de outubro, establecen no seu artigo 7.2º que os nomeamentos e substitucións de tódolos membros da mesa publicaranse no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, no Diario Oficial de Galicia do 22 de xuño de 1994 e do 19 de abril de 1995, faise público o nomeamento de vocais das mesas autonómica e provincial de control e seguimento da renda de integración social de Galicia. Posteriormente, foron comunicadas a esta consellería propostas da Confederación de Empresarios de Galicia e da Dirección Xeral de Servicios Sociais, nos que se acorda substituír un dos seus actuais vocais titulares.

En consecuencia, en uso da facultade que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a Víctor Pérez Giráldez, vocal titular da mesa Autonómica de control e seguimento da renda de integración social de Galicia, en substitución de José Manuel Caride Echegaray.

Artigo 2º

Nomear, en representación da Administración autonómica, a Javier María Rúa Peón, xefe do Servicio de Axudas e Programas da Delegación Provincial de Lugo, vocal titular da mesa provincial de Lugo de control e seguimento da renda de integración social de Galicia, en substitución de Enrique Victorino Rodríguez Díez.

Artigo 3º

Nomear, en representación da Administración Autonómica a Luis Eduardo Navarro López, xefe da Sección de Prestacións da Delegación Provincial de Lugo, vocal titular da mesa provincial de Lugo de control e seguimento da renda de integración social de Galicia, en substitución de Cándido Rodríguez Caneiro.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 1996.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

96-8569