Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 29 de novembro de 1996 Páx. 10.782

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 416/1996, do 21 de novembro, polo que se nomean os membros que compoñen o Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

De conformidade co Decreto 141/1995, do 10 de maio, que no artigo un establece a composición do Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, dictado para lle dar cumprimento á Lei 12/1993, do 29 de xullo, de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, que no seu artigo 14 crea o Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e no artigo 15 establece entre as súas funcións as de propoñer obxectivos para a súa incorporación ó plan galego, propoñerlle á comisión a incorporación ó plan galego daqueles programas que considere importantes, emitir informe sobre o anteproxecto do plan e emiti-los informes que lle sexan requiridos pola comisión interdepartamental de cara á elaboración da memoria anual, e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, en uso das atribucións que lle confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e logo de deliberación do

Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteún de novembro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.

De acordo co disposto no Decreto 141/1995, do 10 de maio, polo que se establece a composición do Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, noméanse para formar este consello as seguintes persoas:

1. Presidente: Manuel Bao Iglesias, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

2. Vocais:

-José Sergio Casas Fernández, por delegación do rector da Universidade de Santiago de Compostela.

-Esther Fernández Fernández, por delegación do rector da Universidade da Coruña.

-José E. Tojo Suárez, por delegación do rector da Universidade de Vigo.

-José Manuel Touriñán López, director xeral de Universidades e Investigación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-Diego Díz Fernández, director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

-Pablo Figueroa Dorrego, secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-María Cruz Mato Iglesias, delegada do Consello Superior de Investigacións Científicas en Galicia.

-Antoliano Díez Melero, por proposta e en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

-Javier Sobrini Puentes, por proposta e en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

-José Manuel Pose Mesura, por proposta e en representación da organización sindical Unión Xeral de Traballadores de Galicia.

-Manuel Varela Varela, por proposta e en representación da organización sindical Comisións Obreiras de Galicia.

-José Luis Calvo Sanz, por proposta do presidente da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga), e en representación dela.

-Ramón Bescansa de la Gándara, por proposta do presidente da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga), e en representación dela.

-José Manuel Cortizo Soñora, por proposta do presidente da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga), e en representación dela.

-Joaquín Garrido Vázquez, por proposta do presidente da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga), e en representación dela.

-Secretario, o subdirector xeral do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinteún de novembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

96-8556