Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 28 de novembro de 1996 Páx. 10.769

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS

CONCURSO para a construcción do edificio multiusos.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 19 de novembro do actual, prestou a súa aprobación ó proxecto técnico da obra do edificio multiusos. Este proxecto exponse ó público na secretaría do Concello, por un prazo de quince días, para o seu exame e reclamacións.

Supeditado a que non se produzan reclamacións, anúnciase o concurso para a contratación destas obras conforme o seguinte:

1.-Entidade adxudicataria.

Concello de Monforte de Lemos.

2.-Obxecto do contrato:

a) Construcción do edificio multiusos, conforme o proxecto técnico.

b) Lugar de execución: Monforte de Lemos.

c) Prazo de execución: 18 meses.

3.-Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Forma: concurso.

4.-Orzamento base de licitación.

a) Importe: 249.765.825 ptas.

5.-Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento.

b) Definitiva: 4% da adxudicación.

6.-Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Monforte de Lemos.

b) Código postal: 27400.

c) Teléfono: 40 24 80

d) Telefax: 40 48 12

e) Data límite de obtención de documentos e información: un día antes da finalización do prazo de licitación.

7.-Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: tódolos subgrupos do grupo c), categoría d).

8.-Presentación de ofertas.

a) Data límite: trece días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación: a esixida nos pregos de condicións.

c) Lugar de presentación: secretaría do Concello.

9.-Apertura de proposicións:

a) Data: o terceiro día hábil, despois de finalizado o prazo de presentación.

b) Hora: trece.

10.-Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Monforte de Lemos, 20 de novembro de 1996.

Nazario Pin Fernández

Alcalde

7562