Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 28 de novembro de 1996 Páx. 10.768

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GONDOMAR

ANUNCIO.

Por acordo do Pleno do Concello de data do 17 de setembro pasado modificáronse as bases particulares para a cobertura de dúas prazas de garda da policía local do Concello de Gondomar publicadas no BOP número 113, do 13 de xuño de 1996, e no DOG número 143, do 22 de xullo de 1996. Os aspectos que se modificaron foron os seguintes:

-Suprímese a fase de concurso sendo o procedemento selectivo o de oposición libre.

-Entre os requisitos específicos exísese ter unha estatura de alomenos 1,70 metros os homes e 1,65 metros as mulleres.

-Engadir á documentación que deben presentar xunto coa solicitude unha declaración xurada co compromiso de portar armas e, se é o caso, chegar a utilizalas no caso de resultar seleccionado máis un certificado médico no que se faga constar expresamente que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición.

-Especificar nas bases que, con carácter previo ó comezo das probas, se realizará a práctica de control e estatura e demais medidas antropométricas e o sorteo para determina-la orde de actuación dos aspirantes naquelas probas que non se efectúen conxuntamente.

Xa que logo, ábrese novamente o prazo para presenta-las solicitudes de participación na correspondente oposición, de vinte días naturais a partir da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Gondomar, 17 de setembro de 1996.

Ramón Sestelo Fernández

Alcalde

8750