Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 28 de novembro de 1996 Páx. 10.769

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal en Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o día 30 de agosto de 1996, acordou prestar aprobación inicial ó expediente de modificación puntual das normas subsidiarias municipais para a reordenación dunha pequena área do núcleo de Portonovo, entre a rúa Méndez Núñez e a unidade de actuación número 5, na forma que se propón no proxecto redactado.

Exponse a información pública polo prazo dun mes, co obxecto de que as persoas que se consideren prexudicadas ou afectadas poidan formula-las alegacións que estimen procedentes.

De conformidade co disposto no artigo 102.2º da Lei do solo e 120 do Regulamento de planeamento urbanístico, acórdase a suspensión do outorgamento de licencias para a área do territorio obxecto da modificación.

En Sanxenxo, 9 de outubro de 1996.

J. Luis Rodríguez Lorenzo

Alcalde

7563