Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 28 de novembro de 1996 Páx. 10.767

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1996 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a subministración de seis módulos interactivos con destino á Casa das Ciencias.

1. Entidad adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que e tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras.

b) Número de espediente: S96/133.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: seis módulos interactivos con destino a la Casa das Ciencias.

b) Número de unidades que se van entregar:

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: véxase punto 1.

e) Prazo de entrega: fixarano os licitadores na súa oferta e non poderá ser superior a tres meses desde súa adxudicación.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 5.000.000 de pesetas (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 100.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1.

b) Enderezo: pza. de Mª Pita, 1-2º.

c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 18 42 19

e) Fax: (981) 18 42 71

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos del contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: vexase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

1ª) Entidade: véxase punto 1.

2ª) Domicilio: véxase punto 6.b.

3ª) Localidade e código postal: véxase punto 6.c.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido destes (oferta económica, documentación administrativa e documentación técnica) e o seguinte lema: proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a subministración de seis módulos interactivos con destino á Casa das Ciencias.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 20 de novembro de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

96-8771