Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 28 de novembro de 1996 Páx. 10.766

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1996 pola que se anuncia poxa con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de pavimentación e reforma dos accesos ó parque de bombeiros (2ª fase).

1. Entidade adxudicadora: concello da Coruña.

a) Dependencia que e tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións.

b) Número de expediente: O96/60.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de pavimentación e reforma dos accesos ó parque de bombeiros (2ª fase).

Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 12.528.654 pesetas (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 250.573 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1.

b) Enderezo: pza. de Mª Pita, 1-2º.

c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 18 42 19

e) Fax: (981) 18 42 71

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: non se exise.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia; rematará as 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se debe presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: véxase punto 6.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles (oferta económica e documentación administrativa) e o seguinte lema: proposición que presenta... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de pavimentación e reforma dos accesos ó parque de bombeiros (2ª fase).

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 18 de novembro de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

96-8773