Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 28 de novembro de 1996 Páx. 10.766

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 1996 pola que se lle concede a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Corcontrol, S.A.

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro de 1990) e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do LACACE, conforme establecen os artigos 12.g e 20.a do Decreto 108/1991, do 27 de marzo (DOG 12 de abril), a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, resolveu,

Concederlle a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Corcontrol, S.A. con domicilio no polígono industrial de Bergondo, r/ Lubre, parcela G-14, 15165 Bergondo (A Coruña), polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, nas áreas de:

-SV, «Área de solos, áridos, mesturas bituminosas e os seus materiais constituíntes en vías» co número 15056SV96.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 1996.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da

Vivenda e Solo

96-8772