Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 28 de novembro de 1996 Páx. 10.767

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 1996 pola que se anuncia poxa con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de mellora do camiño arredor do cemiterio de Feáns.

1. Entidad adxudicadora: concello da Coruña.

a) Dependencia que e tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións.

b) Número de expediente: O96/68.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de mellora do camiño arredor do cemiterio de Feáns.

Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 17.752.560 pesetas (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 355.051 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1.

b) Enderezo: pza. de Mª Pita, 1-2º.

c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 18 42 19

e) Fax: (981) 18 42 71

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: non se exise.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia; rematará as 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: vexase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: véxase punto 6.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles (oferta económica e documentación administrativa) e o seguinte lema: proposición que presenta... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de mellora do camiño arredor do cemiterio de Feáns.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 21 de novembro de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

7570