Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 28 de novembro de 1996 Páx. 10.751

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

REQUISITORIA (174/1996).

Apelidos e nome: Cabello Jiménez, Celestino, nado en Madrid, o día 26 de marzo de 1969, fillo de Lorenzo e de Anastasia, con domicilio na r/ Curros Enríquez número 27-2º, Santiago de Compostela, e en San Fernando de Henares (Madrid), rúa Horta, número 107, con DNI 7.513.234.

Acusado no procedemento abreviado número 174/1996, sobre delicto de atentado e falta de danos, dimanante das dilixencias policiais con rexistro de saída 1997, de data 5 de maio de 1995, da Comisaría de Policía de Santiago de Compostela, deberá comparecer dentro do termo de dez días ante o Xulgado do Penal número un de Santiago de Compostela, para constituírse en prisión e responder dos cargos que lle resulten, apercibíndoo de que,

de non verificalo, será declarado rebelde e recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

En Santiago de Compostela o dous de outubro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario xudicial

Rubricado

8483