Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de desvío de liñas eléctricas na nova estrada de enlace do concello de Cambados coa vía rápida Pontevedra-Sanxenxo, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio 26 da L.M.T. ó C.T. Molinos e ramatan no apoio n.28 da mesma liña, concellos de Cambados e Ribadumia.
Finalidade da instalación: desvío de liñas por construcción de estrada.
Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 141 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón. R.B.T., aérea, de 1.670 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Orzamento: 5.695.008 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 16 de outubro de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
7994