Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 28 de novembro de 1996 Páx. 10.750

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (218/1990).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe que nos autos dos que se farán mención, dictouse sentencia que ten como encabezamento e parte dispositiva o seguinte:

«En Santiago de Compostela o vinteoito de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Vistos os presentes autos de xuízo verbal, número 218/1990, seguidos por instancia de José Nogueira Villar, contra Lucía Pereira Fernández e contra a Cía de seguros Hemisferio L'Abeille, en situación procesual de rebeldía.

Decido que considerando a demanda interposta por Lucía Pereira Fernández, contra José Nogueira Villar, Juan Nogueira Martínez e contra a aseguradora Velázquez, S.A., debo condenar e condeno os ditos demandados a pagar solidariamente á demandante a cantidade de 84.467 ptas. máis 25.000 ptas. por demérito e paralización e á mencionada compañía o xuro anual do 20% da indemnización desde a data do sinistro con desestimación da demanda interposta por José Nogueira Villar e imposición das custas ós demandados vencidos.

Notifíquese esta sentencia ó demandado rebelde de conformidade co establecido no artigo 769 da LEC.

Advírtase ás partes que esta sentencia non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación por escrito ante este xulgado dentro do prazo de cinco días contados desde a súa notificación e perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para a súa insercción no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de notificación en forma ó demandado en rebeldía Cía de seguros Hemisferio L'Abeille, expido e asino a presente cédula de notificación en Santiago de Compostela o vinteseis de xuño de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

7404