Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 28 de novembro de 1996 Páx. 10.735

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1996 que modifica a delegación das funcións en determinados órganos universitarios.

Por Resolución do 14 de febreiro de 1995 (DOG do 28 de abril) deléganse funcións en determinados órganos universitarios.

No punto 6) do apartado g) do artigo 4 delégase no vicerrector de estudiantes a convocatoria e resolución de bolsas para a exención de prezos públicos no terceiro ciclo.

Nembargantes, parece agora máis axeitado que esta función a desempeñe o vicerrector de investigación e do terceiro ciclo, polo que se modifica o artigo da antedita resolución como se indica no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1996.

Darío Villanueva Prieto

O Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Cuarto.-En particular, ademais das competencias propias de cada vicerrectorado, delégase especificamente:

a) Quedan delegadas no vicerrector de Asuntos Económicos as facultades que en materia de contratación administrativa corresponden legalmente ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, incluíndo a formalización dos contratos de obras, servicios e subministracións que efectúa esta universidade.

-Exceptúanse da delegación outorgada no apartado anterior:

1. As impugnacións que se presenten contra o procedemento de adxudicación.

2. O acto definitivo de revogación ou de resolución dos contratos administrativos, tralo procedemento instruído para o efecto.

3. A execución forzosa, tras apercibimento, dos actos que se deriven da contratación administrativa.

-Así mesmo, quedan delegadas no vicerrector de Asuntos Económicos, as atribucións conferidas ó

rector como membro e presidente da mesa de contratación a que se refiren os artigos 239.2º dos Estatutos da universidade de Santiago de Compostela e o 7.1º e 2º do Regulamento de contratación da universidade.

b) Quedan delegadas no vicerrector de Profesorado:

1.-A convocatoria de prazas de persoal docente contratado.

2.-O nomeamento dos tribunais de persoal docente contratado así como a apreciación de causas que impidan a actuación dos membros, coa excepción da apreciación das causas de abstención e recusación.

3.-A aprobación de listas definitivas e provisionais de persoal docente titular e contratado.

4.-A presidencia da Comisión de Revisión.

5.-O nomeamento de profesorado interino e contratado así como a sinatura dos contratos.

6.-A concesión de permisos e licencias do persoal non delegadas ós decanos, directores de centros, e directores de departamentos.

7. Tódolos actos derivados da xestión e tramitación dos procedementos de xubilación do persoal docente.

8. A tramitación de procedementos seguidos ante a Seguridade Social ou MUFACE do persoal docente.

9. Proposta e informe sobre autorización ou recoñecemento de compatibilidade do persoal docente cando lle corresponda a súa resolución ó rector.

1O. A comunicación de resolucións rectorais en materia de persoal docente.

11. O recoñecemento de trienios e a comunicación da concesión do complemento específico singular por méritos docentes.

12. Todos aqueles actos relativos á situación administrativa do persoal docente que non figuren atribuídos a outros órganos universitarios.

c) Delégase no vicerrector de Investigación e Terceiro Ciclo:

1. Proposta, formalización, e contratos de proxectos europeos.

2. Solicitude de proxectos PETRI.

3. En materia de contratos, informes e cursos dos artigos 11 e 45 da LRU:

3.1 Follas resumo e autorizacións de actividades aprobadas pola Comisión de Convenios e Cursos.

3.2 Nomeamentos de bolseiros.

3.3 Nomeamentos de P.A.S. colaborador.

3.4 Autorización de pagamentos a profesores e persoal investigador por actividade investigadora.

4. Nomeamento de tribunais de teses de doutoramento.

5. Convocatorias de axudas para investigación propias do vicerrectorado e a súa resolución.

6. Solicitudes e informes para as convocatorias doutros organismos.

7. Informes anuais e finais dos proxectos de investigación.

8. Informes de seguimento das subvencións para adquisicións de infraestructura.

9. Formalización de pólizas de seguros de accidentes dos bolseiros.

10. Convocatoria e resolución de bolsas para a exención de prezos públicos no terceiro ciclo.

d) Queda delegada no vicerrector de Coordinación do Campus de Santiago de Compostela:

1. A Presidencia da Comisión Electoral e a execución das súas resolucións.

2. A xestión, dirección e coordinación do Plan Estratéxico de Comunicacións da Universidade de Santiago de Compostela no Campus de Santiago de Compostela.

e) Queda delegada no vicerrector de Extensión Cultural e Servicios á Comunidade Universitaria:

1. A convocatoria dos cursos de verán para estranxeiros, así como a súa acreditación.

2. Xestión e coordinación da gardería universitaria (Escola Infantil Breogán) así como a resolución das reclamacións en materia de admisión.

3. Convocatoria e resolución de axudas ou subvencións para asociacións culturais, así como resolución das reclamacións contra estas.

4. Convocatoria de campionatos deportivos.

5. Fixación de tarifas por servicios deportivos.

f) Queda delegada no vicerrector de Relacións Exteriores e Proxección Universitaria:

1. Tódalas competencias relacionadas con programas europeos e de intercambio internacional.

2. A coordinación e xestión da celebración do V Centenario da Universidade de Santiago de Compostela.

g) Quedan delegadas no vicerrector de Estudiantes:

1. A convocatoria e resolucións relativas ó proceso de selección no S.R.I.

2. As resolucións das reclamacións do S.R.I.

3. A presidencia do xurado nas bolsas da convocatoria xeral do MEC.

4. A representación da USC nos procesos selectivos de bolsas compensatorias da Xunta de Galicia.

5. Representante da USC nos procesos selectivos de bolsas doutros organismos, destinadas a estudiantes.

6. SUPRIMIDO

7. Convocatoria e resolución de bolsas colaboración do SRI.

8. Convocatoria e resolución doutras bolsas convocadas polo Vicerrectorado de Estudiantes.

9. Responsable da Universidade de Santiago de Compostela perante a Oficina para a Prestación Social Substitutoria.

10. Convocatoria e resolución de axudas de promoción de asociacionismo de estudiantes, así como a resolución das reclamacións contra estas.

h) Quedan delegadas no vicerrector de Ordenación Académica e Titulacións:

1. Resolucións de peticións, reclamacións ou recursos en materia de alumnado sobre as que non estea delegada a competencia ou a sinatura noutros órganos ou unidades administrativas.

2. Autorización de traslados de campus do persoal docente universitario.

3. Xestión, coordinación e aprobación do P.D.A. dos Centros e do P.O.D. dos departamentos universitarios.

4. Resolución de reclamacións en materia de confección do P.O.D.

5. Coordinación dos procesos de elaboración, modificación e implantación dos plans de estudio na Universidade de Santiago de Compostela.

6. Xestión e coordinación na aprobación e desenvolvemento das ensinanzas conducentes a titulacións propias da Universidade de Santiago de Compostela.

7. As accións e procesos derivados da política de formación de persoal docente.

i) Delégase no vicerrector de Coordinación do Campus de Lugo:

1. A xestión e organización de actividades culturais e deportivas en Lugo.

2. O Plan Estratéxico de Comunicacións da Universidade de Santiago de Compostela en Lugo.

k) Delégase no secretario xeral:

1. A sinatura dos certificados supletorios dos títulos académicos.

2. Certificación de actos presuntos.

3. Resolución de peticións de carácter xeral que non sexan competencia propia ou delegada doutros órganos universitarios.

4. O asinamento das resolucións motivadas que se dicten autorizando ou denegando a rectificación das actas académicas.

8770