Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 28 de novembro de 1996 Páx. 10.725

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 414/1996, do 21 de novembro, polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola obra AC-443 Negreira-Brandomil, treito A Pereira-Brandomil (clave N/AC/91.35).

Con data do 30 de outubro do 1996 o director xeral de Obras Públicas e Transportes por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o proxecto da obra AC-443 Negreira-Brandomil, treito A Pereira-Brandomil. Clave N/AC/91.35.

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferen

cias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada para lles dar continuidade ás actuacións no itinerario e por contar co financiamento da Comunidade Europea.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co previsto no artigo 8 da Lei 25/1988, do 29 de xullo, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día vinteún de novembro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, para efectos de expropiación no proxecto da obra AC-443 Negreira-Brandomil, treito A Pereira-Brandomil. Clave N/AC/91.35.

Santiago de Compostela, vinteún de novembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

8290