Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 28 de novembro de 1996 Páx. 10.725

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 25 de outubro de 1996 pola que se fixa determinada contía en relación coa suspensión automática dos actos de contido económico.

Entre as garantías que terá que constituí-lo reclamante para obte-la suspensión automática dos actos de contido económico, de conformidade co establecido no apartado 6 do artigo 75 do Real decreto 391/1996, do 1 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de procedimento nas reclamacións económico-administrativas, atópase a fianza persoal e solidaria prestada por dous contribuíntes da localidade de recoñecida solvencia, pero só para os débitos que non excedan da contía que para este efecto sexa fixado por orde.

Pois ben, cómpre acouta-lo límite ata o que sería admisible neste tipo de garantía. En consecuencia,

DISPOÑO:

Artigo único.-Fíxase en 100.000 ptas. A contía máxima dos débitos mencionados no artigo 75, apartado 6, letra c) do Regulamento de procedemento nas reclamacións económico-administrativas aprobado por Real decreto 391/1996, do 1 de marzo.

Disposición final

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 1996.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

8737