Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 27 de novembro de 1996 Páx. 10.700

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (59 bis/1992).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número

tres de Santiago de Compostela e o seu partido, dou fe:

Que nos autos que se dirá recaeu sentencia que ten como encabezamento e decisión o seguinte:

«Santiago de Compostela, vintedous de febreiro de mil novecentos noventa e tres. Vistos por Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíz do xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela e o seu partido, os autos civís de xustiza gratuíta nº 59 bis/1992, seguidos por instancia de María Barco García representada pola procuradora Álvarez Candeira, sendo o demandado Jesús Corral Calvo e o avogado do Estado.

Decido que debo conceder e concedo a María Barranco García o dereito á xustiza gratuíta no presente expediente e nos autos civís de familia sobre divorcio seguidos pola súa instancia neste xulgado entre os cónxuxes referenciados nos fundamentos de feito desta sentencia. Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta sentencia non é firme en dereito, polo que é recorrible perante o xulgado en apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación. Acórdoo, mándoo e asínoo definitivamente xulgando en primeira instancia.»

E para que así conste e sirva de notificación en legal forma ó demandado Jesús Corral Calvo, en paradoiro descoñecido actualmente, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o 1 de outubro de 1996.

8362