Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 27 de novembro de 1996 Páx. 10.700

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (298/1990).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago, dou fe de que nos autos de xustiza gratuíta nº 298/1990, seguidos por instancia de Jesús Rey Carril, recaeu auto de caducidade que na súa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Dáse por abandonada a acción exercida nos presentes autos de xustiza gratuíta promovidos por Jesús Rey Carril contra Hermitas Bargo Botana e o avogado do Estado, arquivándose os presentes autos logo de anotación nos libros correspondentes. Insírase este auto no libro de sentencias por ser definitivo, deixando testemuño nos autos. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de reposición no prazo de cinco días a partir da súa notificación perante este xulgado. Mandouno e asínao Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela».

E para que así conste e sirva de notificación en legal forma ó demandado Jesús Rey Carril en paradoiro descoñecido actualmente, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o 1 de outubro de 1996.

Rubricado

7367