Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 27 de novembro de 1996 Páx. 10.700

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (160/1995).

En virtude do acordado en resolución do día de hoxe dictada nos autos de xuízo de faltas 160/1995, que se segue neste xulgado se dictou a seguinte providencia.

Providencia da maxistrada-xuíza Castro Calvo. Santiago de Compostela o un de outubro de mil novecentos noventa e seis.

Presentado o anterior escrito por Sandra Garrido Fernández, Joaquín Yebra Pimentel, Juan Manuel Yebra Pimentel, Antonio Orozco González, Manuel Francisco Salgado Ferreiro e por Jorge López Funcasta e José Manuel García Castro, únase ós autos da súa razón. Tense por interposto recurso de apelación contra a sentencia dictada por este xulgado e déase traslado ás demais partes polo prazo de dez días para que formulen impugnación ou adhesión a el e transcorridos os ditos días, presentense ou non escrito, elévense os autos á Audiencia Provincial no prazo de dez días.

Así o dispón e asina a maxistrada, do que eu como secretaria xudicial dou fe.

E para que conste e sirva de notificación en forma a Juan Carlos Lema, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o un de outubro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario xudicial

Rubricado

7368