Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 27 de novembro de 1996 Páx. 10.699

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (275/1996).

Gonzalo-Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifica que no

libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo executivo número 275/1996, que no seu encabezamento e parte dispositova é do teor literal seguinte:

Sentencia: «Na cidade de Santiago de Compostela o vinte de setembro de mil novecentos noventa e seis.

A maxistrada-xuíza Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo executivo seguidos perante este xulgado co número 275/1996, promovidos por Banco Central Hispanoamericano, S.A., con domicilio social na rúa Alcalá número 49 de Madrid, representado polo procurador García Piccoli e dirixido pola letrada Sonia Rodríguez, contra José Manuel Carreira Martínez, DNI 33.236.5550 e María del Carmen Mosquera López, DNI 33.254.035, con domicilio en Cruz de Nogueira 3-2 de Conxo, Santiago de Compostela, declarados en rebeldía.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a José Manuel Carreira Martínez e María del Carmen Mosquera López, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante, das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 253.885 pesetas, importe do principal; e ademais ó pagamento dos xuros de demora e ás custas, ó pagamento dos cales debo condenar e condeno expresamente á parte demandada.

Contra esta sentencia, por non ser firme, poderá interpoñerse neste xulgado e para ante a Audiencia Provincial da Coruña, recurso de apelación no prazo improrrogable de cinco días, contados desde a súa notificación».

Esta sentencia foi publicada no mesmo día da súa data pola maxistrada-xuíza que a subscribe. E para que conste e para que lle sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, José Manuel Carreira Martínez, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o tres de outubro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

7369