Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 27 de novembro de 1996 Páx. 10.699

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CORCUBIÓN

CÉDULA de notificación de sentencia (51/1996-20).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Corcubión, dá fe de que no xuízo de faltas a que se fará mención se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di así:

«Sentencia. En Corcubión o un de agosto de mil novecentos noventa e seis.

Vistos por María Zulema Gento Castro, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Corcubión, os autos de xuízo de faltas 51/1996, sobre lesións, no que foron partes, ademais do Ministerio Fiscal, denunciantes-denunciados Ricardo Cives Caamaño e Fernando Montes Pampín, e como denunciados-denunciantes Abrahan Conde Pereira, Alfonso Canosa Blanco, Miguel Angel Naya García, asistidos do letrado Lema Alvarellos e Manuel Fernando Sendón Carballo.

Decido que debo absolver a absolvo libremente a Ricardo Cives Caamaño, Fernando Montes Pampín, Abrahan Conde Pereira, Alfonso Canosa Blanco, Miguel Ángel Naya García e Manuel Fernando Sendón Carballo, con toda clase de pronunciamentos favorables e declarando de oficio as custas procesuais que se puidesen causar.

Notifíqueselle esta resolución ó Ministerio Fiscal e demais partes, coa advertencia de que non é firme e si recorrible en apelación polo prazo de cinco días perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a Ricardo Cives Caamaño, expido e asino a presente cédula en Corcubión o oito de outubro de mil novecentos noventa e seis.

Óscar Méndez Fernández

Secretario

7411