Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 27 de novembro de 1996 Páx. 10.699

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (298/1995).

Por acordalo así a xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta vila e do seu partido en resolución do día de hoxe, dictada nos autos que se citan, promovidos por Jesús Camafreita Moreira contra o letrado da Xunta de Galicia e a Comisión Técnica Central da Renda de Integración Social de Galicia da Dirección Xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Xunta de Galicia, sobre declaración do dereito a litigar gratuitamente no recurso contencioso-administrativo 3/8282/1995, polo presente edicto cítase ó demandante Jesús Camafreita Moreira, con domicilio actual descoñecido, co fin de que o día 26 de febreiro de 1997 ás dez horas, compareza perante a sala de audiencia deste xulgado co obxecto de asistir á celebración do oportuno xuízo verbal, coa prevención de que se non o verifica, será dado por desistido da celebración do xuízo, condenándoo en tódalas custas.

E para que conste e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de citación en forma ó demandante, Jesús Camafreita Moreira, actualmente en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto en Carballo o nove de outubro de mil novecentos noventa e seis.

A xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

7469