Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 27 de novembro de 1996 Páx. 10.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 4 de novembro de 1996, da Delegación Territorial de Ourense, pola que se anuncia o extravío do resgardo do depósito definitivo, en aval bancario 1204/1993, para os efectos de expedición de duplicado.

Producido o extravío do resgardo do depósito definitivo nº 1.204/1993 de data 29-10-1993, por importe de 1.606.534 ptas., constituído na Caixa de Depósitos desta delegación en aval bancario, garantido a Protección Vial, S.L. e á disposición da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia para responder do proxecto complementario ó proxecto de marcas viais e balizamento nas estradas das provincias da Coruña e Lugo. Clave: E/SC/93.47.1, formúlase requirimento oficial e público a aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar, para que o presenten sen máis demora nesta delegación terri

torial de Economía e Facenda, rúa Progreso, 38-entreplanta.

Se transcorrido o prazo de dous meses, contados desde a data da publicación do presente anuncio, non se tivese presentado, procederase sen máis trámite á expedición do duplicado ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante legal suficientemente acreditado, declarándose nese mesmo acto a nulidade do exemplar orixinal extraviado, o que non terá ningún valor nin poderá producir efecto perante da Administración nin perante terceiros.

Ourense, 4 de novembro de 1996.

Norberto Fco. Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

8572