Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 27 de novembro de 1996 Páx. 10.672

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector do comercio de materiais de construcción e decoración.

Visto o expediente do convenio colectivo comercio materiais de construcción e decoración que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-10-1996, subscrito en representación da parte económica, pola asociación empresarial do comercio de materiales de construcción e decoración, e, da parte social, por CC.OO. e UGT, o día 12-9-1996 de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de outubro de 1996.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial para o comercio de materiais de construcción e decoración para 1996

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio aplicaráselles a tódalas empresas dedicadas ás actividades de almacenistas de materiais de construcción e decoración, que se viñan rexendo pola ordenanza laboral de comercio; en todo o non previsto neste convenio, haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores e no acordo para a substitución da ordenanza de comercio, publicado no BOE do 9 de abril de 1996, por resolución da Dirección Xeral de Traballo do 21 de marzo de 1996, quedando a citada ordenanza como norma supletoria.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O convenio será de aplicación en toda a provincia da Coruña.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Afecta a tódolos traballadores que presten os seus servicios nas empresas descritas no ámbito funcional, ou que sexan contratados durante a súa vixencia, tanto

nas empresas establecidas como nas que no seu futuro poidan crearse.

Artigo 4º.-Vixencia e duración.

A vixencia deste convenio pactarase por dous anos, desde o 1 de xaneiro de 1996 ata o 31 de decembro de 1997. Denuncia: calquera das partes poderá denunciar o convenio con, polo menos, dous meses de antelación ó término da súa vixencia, mediante escrito dirixido á outra.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Quedará constituída unha vez terminado o convenio e estará formada polos representantes das centrais sindicais asinantes e as asociacións empresariais. As súas competencias serán de vixiar e denuncia-lo incumprimento das condicións pactadas neste convenio e entender en tódalas cuestións que en relación con el se suscite. Tanto a parte social como a económica poderán dotarse dos asesores que coiden oportunos.

Pola parte empesarial:

Ángel López Martínez.

José Varela Varela.

Rafael Couceiro Martínez.

Parte social:

José Luis Paz Pena (CC.OO).

Salvador Cerqueiro Aradas (CIG).

Miguel Cagigal Fariña (UGT).

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras económicas ou de calquera índole contidas neste convenio, consideradas no seu conxunto, establécense con carácter de mínimas, polo que as condicións máis beneficiosas con respecto ás convidas serán respectadas.

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

Será de corenta horas semanais de luns ata as 14 horas do sábado, con carácter xeral, agás aqueles centros cunhas circunstancias que lles permitan o peche dos sábados e que este se negocie entre a empresa e os traballadores, que poderán recorrer á comisión paritaria en caso de desconformidade.

A parte empresarial, negociadora deste convenio, reserva para si o dereito de facer extensiva a xornada ás tardes do sábado, se as circunstancias do mercado o fan conveniente.

O peche dos sábados en xornada completa poderá negociarse naquelas empresas en que as circunstancias o permitan sen prexudica-las vendas.

As xornadas dos sábados-ponte poderán substituírse por outras horas de traballo por acordo de cada empresa, sen que, en ningún caso, o cómputo anual supere as 1.800 horas.

Artigo 8º.-Traballos de superior categoría.

En caso de que por necesidade da empresa un traballador fixese traballos de máis categoría, o traballador percibirá o salario correspondente á categoría superior. Se, pasados tres meses, o traballador seguise

realizando os mesmos traballos, poderá promover expediente de clasificación profesional ante a autoridade laboral.

Os traballos de carga e descarga, así como o reparto de mercadorías, considerarase traballo ordinario para tódalas categorías de choferes, mozos, auxiliares e dependentes, debendo colaborar todos neles segundo determine a dirección da empresa.

Artigo 9º.-Vacacións.

Os traballadores desfrutarán de 30 días naturais de vacacións anuais, dos cales quince días, como mínimo, terán que ser entre os meses de marzo e setembro, ambos incluídos.

As vacacións non poderán ser compensadas en metálico máis ca nos casos de liquidación por finalización de contrato de traballo.

O calendario de vacacións fixarase en cada empresa. O traballador coñecerá as datas que lle correspondan cunha antelación de dous meses do comezo do desfrute.

Artigo 10º.-Licencias retribuídas.

O traballador logo de aviso e xustificación poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración por algún dos motivos e polo tempo seguintes:

-Vinte días en caso de matrimonio.

-Tres días naturais en caso de nacemento de fillo, enfermidade grave ou falecemento de parentes, ata o segundo grao de consaguinidade ou afinidade. Se o traballador ten que efectuar desprazamentos e segundo as circunstancias que concorran, o prazo será ampliable ata cinco días.

-Un día por traslado de domicilio habitual.

-Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal.

-Cando conste en forma legal ou convencional un tempo determinado, aplicarase o que esta dispoña.

-Polo tempo establecido legal ou convencionalmente para realizar funcións sindicais ou de representación persoal.

-Dezaseis semanas distribuídas a opción da interesada, por parto da traballadora.

-Dous días por asuntos propios que poderán acumularse ás vacacións, logo de acordo coa empresa. Estes días quedarán absorbidos se por disposición xeral se reducise a xornada máxima legal.

Artigo 11º.-Roupa de traballo.

As empresas entregaranlle a cada traballador ó inicia-lo seu traballo dúas fundas ou pezas de roupa de protección necesarias, de acordo coa ordenanza laboral de seguridade e hixiene no traballo.

Esta roupa será renovada a medida que o uso a estrague, e en calquera caso a empresa terá que facer entrega dunha nova cada ano.

Artigo 12º.-Seguro de accidentes.

As empresas subscribirán un seguro que cubra os seguintes riscos, por accidente, durante as vintecatro horas do día:

-Morte ou invalidez absoluta e total ocasionada por accidente.

O capital asegurado é de 2.250.000 ptas.

As empresas que contratasen o correspondente seguro cunha compañía aseguradora non responderán subsidiariamente, en ningún caso, do pagamento das indemnizacións por accidentes aquí pactadas.

Artigo 13º.-Salarios e garantía salarial.

Os traballadores percibirán durante o primeiro ano de vixencia do convenio os salarios establecidos na táboa salarial anexa ó convenio, que supoñen un incremento do 4% sobre o convenio anterior.

No segundo ano de vixencia, estes salarios incrementaranse co IPC previsto para o goberno para 1997 nos orzamentos xerais do Estado.

Garántese que, ó remate da súa vixencia, o incremento salarial superará no 0,5% o IPC real entre o 31-12-1995 e o 31-12-1997. No suposto de que non se produza a dita diferencia, actualizaranse as táboas salariais ata o dito límite, só para efectos da negociación do futuro convenio.

Artigo 14º.-Plus de transporte.

Establécese un plus de transporte de 9.430 pesetas mensuais. O dito plus percibirase nas pagas mensuais, aínda que a empresa conte con medios propios de transporte ó servicio de persoal. Non se percibirá este plus, nin nas pagas extras nin na de beneficios ou marzo, nin no período de vacacións.

Artigo 15º.-Antigüidade.

O premio por antigüidade consistirá en dous bienios e, posteriormente, quinquenios dentro dos límites que sinala o Estatuto dos traballadores.

O bienio será de 1.975 pesetas e o quinquenio de 2.550 pesetas.

Artigo 16º.-Anticipos.

Os traballadores que perciban os seus salarios en liquidación mensual poderán percibir semanal ou quincenalmente anticipos por un importe igual ós salarios devengados.

Artigo 17º.-Horas extraordinarias.

1. Horas extraordinarias habituais: supresión.

2. Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como no caso de risco de perda de materias primas: realización.

3. Horas extraordinarias necesarias por pedidos, períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade de que se trate: mantemento sempre que non caiba

a utilización das distintas modalidades de contratación temporal ou parcial previstas pola lei.

A dirección da empresa informará periodicamente o comité de empresa, os delegados de persoal e delegados sindicais, sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificado as causas e, se é o caso, a distribución por seccións.

Así mesmo, en función desta información e dos criterios máis arriba sinalados, a empresa e os representantes legais dos traballadores, determinarán o carácter e natureza das horas extraordinarias.

As horas extraordinarias serán voluntarias e as empresas poderán optar entre pagalas cun recargo do 50% sobre o valor da hora ordinaria ou ben cambialas por un número de horas de descanso equivalente ó número de horas extraordinarias traballadas.

Artigo 18º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións de marzo, xullo e Nadal serán dunha mensualidade cada unha delas, sobre os salarios aprobados neste convenio, incrementados, se é o caso, pola antigüidade correspondente.

En caso de cesamento, percibirán proporcionalmente ó tempo traballado.

Faranse efectivas nas primeiras quincenas dos meses de marzo, xullo e decembro.

Artigo 19º.-Servicio militar.

O persoal que se atopa incorporado ó servicio militar percibirá as tres gratificacións extraordinarias igual que se estivese na empresa, sempre que conte cunha antigüidade mínima de catro anos.

Artigo 20º.-Xubilación especial ós 64 anos.

Ós 64 anos poderán facer uso os traballadores da xubilación especial co 100% dos dereitos pasivos; a empresa deberá contratar en forma simultánea a traballadores desempregados rexistrados na oficina de emprego, por calquera das modalidades de contrato vixentes na actualidade, agás as contratacións a tempo parcial, cun período mínimo de duración, en todo caso, superior ó ano.

Artigo 21º.-Xubilación.

Premio de xubilación anticipada. As empresas aboaranlles un incentivo de xubilación a aqueles traballadores que con dez anos de antigüidade como mínimo nela se xubilen voluntariamente. A súa contía irá en función da seguinte escala:

Por xubilación voluntaria ós 60 anos: 14 mensualidades salario e antigüidade.

Por xubilación voluntaria ós 61 anos: 11 mensualidades salario e antigüidade.

Por xubilación voluntaria ós 62 anos: 8 mensualidades salario e antigüidade.

Por xubilación voluntaria ós 63 anos: 5 mensualidades salario e antigüidade.

Por xubilación voluntaria ós 64 anos: 1 mensualidade salario e antigüidade.

Para a súa percepción terá que se solicitar no prazo de tres meses desde o cumprimento da idade correspondente. Se cumpridos os 64 anos de idade e seis meses máis o traballador non solicitase a xubilación, perderá o dereito a este complemento.

Artigo 22º.-Axudas de custo.

A axuda de custo completa establécese en 3.000 pesetas e a media axuda de custo en 1.000 pesetas.

Terá dereito a percibir axuda de custo completa o traballador que teña que pasa-la noite fóra do seu domicilio habitual, e media axuda de custo o que hoxe se efectua-la comida principal fóra do lugar habitual, por realizar tarefas fóra do centro de traballo.

Artigo 23º.-Dereitos sindicais.

Os delegados de persoal e os comités de empresa terán os dereitos que se sinalan na lexislación vixente.

Os delegados de persoal das empresas de máis de 10 e menos de 25 traballadores desfrutarán de 20 horas/mes retribuídas, para o exercicio das súas funcións. Nas empresas de máis de 25 traballadores, os delegados de persoal e membros dos comités de empresa disporán de 30 horas/mes retribuídas.

Artigo 24º.-Cláusula de desvinculación.

As porcentaxes de incremento salarial establecidas neste convenio non serán de necesaria ou obrigada aplicación para aquelas empresas que acrediten obxectivamente e de maneira que faga fe situacións de déficit ou perdas materiais nos exercicios contables de 1994 e 1995. Así mesmo, teranse en conta as previsións para 1996 e 1997.

Nestes casos trasladaráselle á comisión paritaria a fixación do aumento salarial. Para valorar esta situación teranse en conta circunstancias tales como o insuficiente nivel de protección e vendas, e entenderanse os datos que resulten da contabilidade da empresa, dos seus balances e das súas contas de resultados.

Os representantes legais dos traballadores están obrigados a tratar e manter na maior reserva a información recibida, e os datos a que tivesen acceso en consecuencia do establecido nos parágrafos anteriores, observando por conseguinte, respecto de todos eles, sixilo profesional.

En caso de discrepancia sobre a valoración dos ditos datos, poderán utilizarse informes de auditores ou censores de contas, atendendo ás circunstancias e dimensión das empresas.

En función da unidade de contratación nas que se encontren comprendidas as empresas que aleguen as ditas circunstancias, deberá presentar ante a comisión paritaria a documentación precisa (balances, contas de resultados) e, se é o caso, informe de auditores ou censores de contas, que xustifique un tratamento salarial diferenciado.

Neste sentido, nas de menos de vintecinco traballadores e, en función dos custos económicos que iso implica, substituirase o informe de auditores ou censores de contas, pola documentación que resulte

precisa dentro da sinalada nos parágrafos anteriores, para demostrar de maneira que faga fe a situación de perdas.

Artigo 25º.-Mobilidade xeográfica.

Será de facultade da empresa o traslado de persoal a outro centro de traballo da empresa, sempre que se atope en municipios limítrofes, sempre que a distancia non supere os 20 km. A empresa deberá aboarlle ó traballador a diferencia do prezo de traslado desde o seu domicilio ó novo centro de traballo, se é que a houbese. No resto dos casos aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores.

Formación profesional.

Segundo o estipulado na orde do 22 de xaneiro de 1988, establécese a posibilidade de que as empresas afectadas por este convenio poidan acollerse ás axudas para a formación profesional cando autoricen os seus traballadores a asistir a cursos que se impartan en horas que coincidan coa xornada laboral. Estes permisos acordaranse, se é o caso, co comité de empresa ou delegados de persoal. A vixencia deste artigo está condicionada á da orde ministerial mencionada, quedando sen efecto en caso de modificación ou derrogación dela.

Disposición adicional

Contratación eventual. Son traballadores eventuais aqueles admitidos para atende-las esixencias circunstanciais do mercado, acumulación de tarefas ou pedidos, mesmo tratándose da actividade normal da empresa, sempre que así conste por escrito.

Os traballadores así contratados terán os mesmos dereitos e igualdade de trato cós demais traballadores do cadro de persoal, salvo as limitacións que se derivan da natureza e duración do seu contrato.

O contrato terá unha duración máxima de vinte meses dentro dun período de vintecatro meses.

TÁBOAS SALARIAIS 1996

Categoría

Salarios

Cómputo

anual

Xefe de persoal115.5451.836.905
Xefe de vendas104.5711.672.295
Xefe de compras104.5711.672.295
Encargado xeral115.5451.836.905
Xefe de almacén104.5711.672.295
Xefe de sucursal104.5711.672.295
Xefe de grupo97.6421.568.360
Xefe de sección97.6421.568.360
Viaxante92.7221.494.560
Dependente95.9851.543.505
Dependente maior95.9851.543.505
Axudante87.8331.421.225
Trab. contratados en Práct. e Form.70.7291.164.665
Xefe de Admón. de primeira115.5451.836.905
Xefe de Admón. de segunda104.5711.672.295
Xefe de sección97.6421.568.360
Contable, caixeiro, Taq. idiomas

Estranx.

97.6421.568.360
Oficial administración97.6421.568.360
Auxiliar administrativo89.4831.445.975
Aspirante ata 18 anos70.7291.164.665
Auxiliar de caixa de 16 anos70.7291.164.665
Auxiliar de caixa de 18 anos87.8331.421.225

Categoría

Salarios

Cómputo

anual

Debuxante97.6421.568.360
Escaparatista102.6801.643.930
Rotulista e cortador95.9851.543.505
Profesionais de oficio de primeira95.9851.543.505
Profesionais de oficio de segunda92.7221.494.560
Axudante de cortador87.8331.421.225
Axudante de Ofic. mozo Esp. Telef.87.8331.421.225
Traballadores menores de 18 anos70.7291.164.665
Chofer camión95.9851.543.505
Vixilante e limpadora85.9161.392.470
Cobrador, conserxe e celador, Ord. Po.92.7221.494.560
Mozo de recados maior de 18 anos86.1891.396.565
Mozo de recados de 16 a 18 anos70.7291.164.665
Mozo, envasador, cosedor86.1891.396.565

7646