Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 26 de novembro de 1996 Páx. 10.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de urbanización do parque empresarial de Xove e do proxecto de servicios exteriores.

A Comisión de Goberno do Concello de Xove, en sesión de 8 de novembro de 1996, de conformidade co dispsoto no artigo 117 do texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana (Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño),

e do Real decreto lei 5/1996, do 7 de xuño, de medidas liberalizadoras en materia de solo, por unanimidade en votación ordinaria, acordou a aprobación inicial do proxecto de urbanización do parque empresarial de Xove, e do proxecto de servicios exteriores, segundo a documentación elaborada por Xestur de Lugo (IGVS), e a exposición pública do acordo de aprobación inical do proxecto de urbanización por prazo de 20 días, de conformidade co disposto nos artigos 117.3º do texto refundido da Lei de réxime do solo, e artigo 86 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Publicarase no DOG e nun dos diarios de maior circulación da provincia.

Á vista do resultado da información pública, o concello aprobará o proxecto de urbanización definitivamente coas modificación que resulten pertinentes.

Xove, 11 de novembro de 1996.

Jesús López González

Alcalde

Manuel Díaz Sánchez

Secretario

8368