Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 26 de novembro de 1996 Páx. 10.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 1996 pola que se aproba a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta corporación, de conformidade coas normas de provisión aprobadas polo Pleno da Corporación na sesión do 24 de abril de 1992.

Bases.

1. Procederase á convocatoria pública para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta resolución.

2. Poderán concorrer a ela os funcionarios que pertenzan á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e ás corporacións locais comprendidas no territorio da dita comunidade, que reúnan as condicións para acceder ó posto segundo as características del que se sinalan no anexo I.

3. As solicitudes presentaranse no modelo de instancia que figura como anexo II no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da publi

cación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral desta corporación (Avda. Alférez Provisional, s/n, A Coruña) ou nas oficinas referidas no artigo 38 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.

4. Xunto ás solicitudes, os aspirantes achegaran o seu currículum vitae e xustificarán mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados desta maneira non serán tidos en conta.

5. Se o nomeamento fora recaer nun funcionario destinado noutro organismo, requirirase o informe favorable deste. De non emitirse o informe no prazo de quince días hábiles, considerarase favorable.

6. Os nomeamentos deberán efectuarse no przo máximo dun mes, contado desde a finalización do de presentación de solicitudes. O dito prazo poderá prorrogarse, excepcionalmente, ata un mes máis.

7. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles, se o destino anterior radica na mesma localidade có novo, ou dun mes se radica en localidade distinta.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes á publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

8. A presente convocatoria e os actos derivados desta poderán ser impuganados de acordo co previsto na Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións pulicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 8 de novembro de 1996.

Augusto César Lendoiro

Presidente

José Luis Almau Supervía

Secretario

ANEXO I

Denominación: secretario/a vicepresidencia.

Adscrición: Secretaría Particular Presidencia e Relacións Públicas.

Escala: A.X.

Grupo: D.

Nivel C.D.:15.

C. específico ptas./ano: 391.225.

Descrición: secretaría de vicepresidecia.