Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 26 de novembro de 1996 Páx. 10.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria celebrada o día 31 de outubro de 1996, acordou aprobar inicialmente o proxecto de modificación puntual do plan especial de reforma interior da zona portuaria de Vilagarcía de Arousa e conseguinte modificación do PXOU, corrixido trala aprobación inicial e informe previo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de data 25 de abril de 1996, redactado polo arquitecto municipal Eugenio Jiménez Passolas.

De conformidade co establecido no artigo 128, en relación co artigo 114 e 115 do texto refundido da Lei do solo, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, e artigo 127 do Regulamento de planeamento urbanístico, o dito expediente estará exposto ó público polo prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da publicación do último dos anuncios no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, podendo os interesados examinalo nas oficinas municipais de secretaría e presentar alegacións dentro do mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 7 de novembro de 1996.

Joaquín J. Gago López

Alcalde

8467