Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 26 de novembro de 1996 Páx. 10.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO.

O Pleno deste Concello, considerando que os traballos de revisión e adaptación das normas subsidiarias do planeamento municipal adquiriron o suficiente grao de desenvolvemento que permite formula-los criterios, obxectivos e solucións xerais do novo planeamento, mediante acordo do 8-11-1996, recibiu os referenciados traballos que constitúen o avance da revisión e adaptación das normas subsidiarias municipais.

Os traballos constitutivos do dito avance quedan expostos ó público no salón de sesións da Casa do Concello durante os seguintes 30 días hábiles ó da publicación deste edicto, comezándose a conta-lo prazo sinalado trala publicación que se efectúe no Diario Oficial de Galicia e, durante o dito prazo e no horario normal de oficina, poderán ser examinados, así como, formularse por escrito suxestións e, se fose o caso, outras alternativas de planeamento por corporacións, asociacións e particulares, as cales serán estudiadas polo equipo redactor que proporá a confirmación ou rectificación dos criterios e solucións xerais do planeamento previstos.

Suspensión do outorgamento de licencias.

Ademais do anterior, a través do mesmo acordo, o Pleno, ante a conveniencia de estudia-la reforma das vixentes normas subsidiarias do planeamento municipal, acordou a suspensión do outorgamento de licencias nos seguintes termos:

1. Ámbito: queda suspendida a concesión de licencias de parcelación de terreos, edificación e derruba en todo o termo municipal de Verín, sempre que tales actividades afecten ou modifiquen as previsións que se conteñen nos traballos constitutivos do avance da revisión e adaptación das normas subsidiarias.

Suspéndese a concesión de licencias para áticos ante a previsión contida no avance de transformar con carácter xeral, os áticos en planta, polo que, as licencias que se soliciten con posterioridade ó 8-11-1996, no momento da súa concesión non poderán conter ningunha referencia a áticos.

2. Prazo: un ano contado desde o 8-11-1996, sen prexuízo de que se respecten os termos do disposto no artigo 102.3º da Lei do solo (TR/92).

3. Efectos: licencias solicitadas con posterioridade ó 8-11-1996.

4. Emisión de informes: será sempre previo e preceptivo o do equipo redactor dos traballos de revisión e adaptación das NN.SS. para o outorgamento de licencias solicitadas con posterioridade ó 8-11-1996.

O que se fai público para xeral coñecemento, en cumprimento do que dispón o artigo 125.1º do Regulamento de planeamento urbanístico en materia de avances do planeamento e o artigo 102.1º, 2º parágrafo, da Lei do solo (TR/92), en materia de suspensión do outorgamento de licencias.

Verín, 8 de novembro de 1996.

O alcalde

Rubricado

8330