Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 26 de novembro de 1996 Páx. 10.635

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 11 de novembro de 1996 pola que se fixan os prezos de venda ó público de diversas publicacións da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

A Lei 31/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse, se é o caso, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1996.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

ANEXO

-Axudas e subvencións. Familia, muller, xuventude, formación ocupacional e emprego. 1996. 1.000 ptas.

-A muller galega en cifras: 2.500 ptas.

-Inventario de medidas de política de emprego e formación: 1.200 ptas.

-Estudio sobre a prostitución no sur de Galicia: 1.000 ptas.

-Outono fotográfico 1996: 1.300 ptas.

-Somos galegos porque ...: 125 ptas.

-A formación profesional ocupacional en Galicia. Mapa de recursos (libro) e A formación profesional ocupacional en Galicia. Censo de centros colaboradores (disquete): 2.500 ptas.

8472