Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 26 de novembro de 1996 Páx. 10.605

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 13 de novembro de 1996 pola que se establecen as normas para a revisión das condicións económicas aplicables á prestación de asistencia sanitaria concertada polo Servicio Galego de Saúde.

O Real decreto 1679/1990, do 28 de decembro, polo que se aproban as transferencias á Comunidade Autónoma galega das funcións e servicios do Instituto Nacional da Saúde, establece como unha das súas funcións a actualización dos concertos coas entidades e institucións sanitarias ou asistenciais que presten servicio á Comunidade Autónoma.

A Lei 8/1991, do 23 de xullo, de reforma da Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, do Sergas establece no seu Art. 4.d) como competencia da Consellería de Sanidade (na actualidade Consellería de Sanidade e Servicios Sociais polo Decreto 291/1993, do 11 de decembro), aproba-los módulos económicos para a prestación de servicios propios e concertados, así como a súa modificación e revisión.

En atención a isto, a contratación, no ámbito do Servicio Galego de Saúde de servicios de asistencia axustarase ás modalidades de prestación que se establezan e no xeito e condicións en que se determinen.

A Orde do 11 de setembro de 1995, publicada no DOG nº 184, do 25 de setembro de 1995, establecía as normas para a revisión das condicións económicas aplicables á prestación de asistencia sanitaria concertada polo Servicio Galego de Saúde, con efectos do 1 de xaneiro de 1995.

Nembargantes, tendo en conta a evolución do índice de prezos de 1995, e as previsións para 1996, resulta necesaria a actualización para este exercicio das condicións económicas dos concertos actualmente vixentes, así como as tarifas máximas establecidas para as diferentes modalidades de servicios en réxime de asistencia sanitaria concertada.

En virtude de todo isto, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos,

DISPOÑO:

Artigo 1º

As tarifas máximas aplicables á asistencia sanitaria concertada para 1996 e a actualización dos prezos dos concertos vixentes serán as que se especifican nos apartados seguintes:

1. Asistencia en réxime de hospitalización.

Tarifas máximas por día de hospitalización.

Actualización prezos de concertos vixentes.

Tarifas en pesetas

Grupos e niveis

Porcentaxe

aumento en %

Médicos

propios

Médicos

Sergas

G. I NI4,53.3552.418
NII4,54.2513.315
NIII4,55.0544.140

G. II NI4,54.4143.468
NII4,56.0705.129
NIII4,59.4278.526

G. III NI4,55.3294.407
NII4,57.8236.933

G. IV NIA4,59.2128.260
NIB4,57.0766.138
NII4,59.8398.912
NIII4,59.7838.869

G. V NI2,58.2577.401
NII2,59.1808.327
NIII2,512.50211.629

G. VI NI2,57.4626.590
NII2,510.6609.817
NIII2,512.49511.653

G. VII NI2,515.59714.740
NII2,519.06918.222
NIII2,524.10123.240

A porcentaxe autorizada para a actualización de prezos dos concertos vixentes á entrada en vigor da presente orde aplicarase sempre que non supere o importe da tarifa máxima establecida para cada grupo e nivel.

As tarifas por prestacións especiais de hospitalización dos concertos vixentes con anterioridade á entrada en vigor da presente orde que non estean asimilados ós grupos e niveis anteriormente indicados, incrementaranse nun 3,5 por 100.

2. Asistencia ambulatoria.

2.1. Primeiras consultas, intervencións cirúrxicas menores e urxencias.

Tarifas máximas por prestación 1996.

Actualización prezos de concertos vixentes.

Tarifas en pesetas

Grupos e niveis

Porcentaxe

aumento en %

Médicos

propios

Médicos

Sergas

G. I NI4,51.5301.101
NII4,51.9371.510
NIII4,52.3481.923

G. II NI4,51.9791.554
NII4,52.7182.298
NIII4,54.3783.957

G. III NI4,52.4412.018
NII4,53.6863.266

G. IV NIA4,54.1633.733
NIB4,53.1992.774
NII4,54.5284.102
NIII4,54.5024.081

G. V NI2,53.8873.485
NII2,54.3223.919
NIII2,55.8585.451

G. VI NI2,53.5153.103
NII2,55.0174.622

Tarifas en pesetas

Grupos e niveis

Porcentaxe

aumento en %

Médicos

propios

Médicos

Sergas

NIII2,55.8845.488

G. VII NI2,57.3466.940
NII2,58.8968.501
NIII2,511.00910.617

A porcentaxe autorizada para a actualización de prezos dos concertos vixentes á entrada en vigor da presente orde aplicarase sempre que non supere o importe da tarifa máxima establecida para cada grupo e nivel.

2.2. Consultas sucesivas e revisións:

Tarifas en pesetas

Grupos e niveis

Porcentaxe

aumento en %

Médicos

propios

Médicos

Sergas

G. I NI4,5721519
NII4,5914713
NIII4,51.108907

G. II NI4,5933734
NII4,51.2821.084
NIII4,52.0661.867

G. III NI4,51.152952
NII4,51.7391.540

G. IV NIA4,51.9551.754
NIB4,51.5021.304
NII4,52.1271.926
NIII4,52.1141.915

G. V NI2,51.8351.644
NII2,52.0411.850
NIII2,52.7512.559

G. VI NI2,51.6571.465
NII2,52.3682.181
NIII2,52.7762.589

G. VII NI2,53.4653.274
NII2,54.1964.010
NIII2,55.1944.988

As tarifas dos concertos vixentes con anterioridade á publicación da presente orde que superen as tarifas máximas fixadas para 1996 non sufrirán incremento ningún.

As tarifas dos concertos vixentes con anterioridade á publicación da presente orde que non acaden os topes sinalados para 1996 revisaranse coa porcentaxe de aumento correspondente ó grupo e nivel do centro, sempre que non superen as tarifas máximas de consultas sucesivas fixadas para 1996.

3. Servicios especiais de diagnóstico e tratamento en centros hospitalarios e non hospitalarios.

Actualización de prezos de concertos vixentes.

Porcentaxe de aumento e tarifas máximas por día ou sesión de tratamento para 1996.

3.1 Tratamento domiciliario da síndrome de apnea do sono e insuficiencias respiratorias.

3.1.1. CPAP.

Porcentaxe de aumento

Tarifa máxima por día ou sesión

de tratamento477 ptas.

3.1.2. BIPAP espontánea (dobre presión).

Porcentaxe de aumento

Tarifa máxima por día ou sesión

de tratamento625 ptas.

3.1.3. BIPAP controlada (dobre presión).

Porcentaxe de aumento

Tarifa máxima por día ou sesión

de tratamento1.100 ptas.

3.1.4. Respirador volumétrico.

Porcentaxe de aumento

Tarifa máxima por día ou sesión

de tratamento2.300 ptas.

3.2. Osixenoterapia a domicilio, incluíndo aerosolterapia e ventiloterapia.

3.2.1. Osixenoterapia con concentradores.

Porcentaxe de aumento5%.

Tarifa máxima por día ou sesión

de tratamento584 ptas.

3.2.2. Osixenoterapia con cilindro ou bala de osíxeno.

Porcentaxe de aumento5%.

Tarifa máxima por día ou sesión

de tratamento555 ptas.

3.2.3. Osíxeno líquido.

Porcentaxe de aumento5%.

Tarifa máxima por día ou sesión

de tratamento1.388 ptas.

O Servicio Galego de Saúde aboaralles ós pacientes sometidos a tratamento de osixenoterapia domiciliaria con concentradores, en concepto de compensación económica polos gastos de electricidade, a cantidade de 2.789 ptas. por mes de tratamento. A citada cantidade poderáselle aboar directamente ó enfermo ou ben á empresa subministradora, logo da xustificación do pagamento ó enfermo, na facturación mensual presentada por aquela.

3.3. Aerosolterapia e ventiloterapia.

3.3.1. Tratamento individualizado de aerosolterapia e ventiloterapia.

Porcentaxe de aumento

Tarifa máxima por día ou sesión

de tratamento300 ptas.

3.4 Radioterapia e quimioterapia.

Teleterapia Nivel I.

3.4.1. Nivel I76.017 ptas.

NIVEL I

Estudio dosimétrico con* Leito larínxeo.
cálculo limitado a un punto* Cadeas ganglionares.
do feixe central //* Pelve (2 campos)
Verificación radiolóxica //* Holocraneal.
Pode utilizar un campo* Bazo.
directo ou dous campos directos* Radiocastración.
a dúas localizacións* Paliativo de
diferentes ou ben dous camposmetástase ósea
opostos a 180 graos sobre adunha soa localización
mesma localización, con
cálculo de dose nun plano
medio.

Teleterapia Nivel II
3.4.2. nivel II98.708 ptas.

NIVEL II

Dous ou máis campos por sesión ou* Mama (2 campos).
ben paliacións con máis de* Glote.
dúas localizacións simultáneas* Base de língua.
ou máis de dous campos por sesión* Orofarinxe e cadeas.
// Estudio dosimétrico con* Pulmón.
representación gráfica de* Vexiga.
distribución de doses, nun* Próstata.
plano como mínimo, e* Esófago.
definición de dose en* Seo maxilar
volumes tumorais e* Parótida.
críticos. Cálculo con curvas* Recto e leito rectal.
de isodose // Sempre con* Pelve xinecolóxica.
simulación // Sempre con* Cerebro.
verificación.* Paliativo de
metástase ósea de
dúas localizacións
simultáneas.

Teleterapia Nivel III
3.4.3. nivel III144.383 ptas.

NIVEL III

Estudio dosimétrico como no* Mama (3 campos).
nivel 2 // Sempre con* Larinxe e cadeas.
verificación // Con ou sen* Cavum e cadeas.
campos formado // Sempre* Hodgkin.
con simulación // Técnicas* Meduloblastoma.
pendulares e/ou rotatorias ou* Tumores pediátricos.
máis de dous campos por sesión e* Técnicas rotatorias.
dúas ou máis localizacións //e/ou pendulares.
Grandes campos (irradiación
hemicorporal).

Braquiterapia Nivel I
3.4.4. nivel I62.100 ptas.

NIVEL I

Tratamentos endocavitarios* Cúpula vaxinal.
con carga diferida//* Vaxina (Endocavit.)
Tratamentos intersticiais con* Tumor pel < 3cm2
carga directa//Tempo de implan-* Tumor labio < 3cm2.
tación e retirada do material
radiactivo inferior a 40 minu-
tos//Anestesia local//Verifica-
ción radiolóxica//Cálculo dosi-

métrico limitado a un plano.

Braquiterapia Nivel II
Nivel II103.500 ptas.

NIVEL II

Tratamentos endocavitarios* Cérvix uterino.
vaxinal con carga diferida //* Endometrio.
* Uretra feminina.
Tratamentos intersticiais con* Vaxina (intert.)
carga directa//Tempo de implan-* Pene.
tación e retirada do material* Tumor labio > 3cm2.
radiactivo superior a 40 minu-* Tumor pel > 3cm2.
tos//Anestesia xeral//Rx orto-
gonal//Estudio dosimétrico con
representación gráfica de distri-
bución de dose e definición de dose
en volumes tumorais e críticos.
Cálculo de isodose. Sempre con verifi-
cación.

Braquiterapia Nivel III
Nivel III196.650 ptas.

NIVEL III

Tratamentos intersticiais con* Ano.
carga directa//Manipulación* Vulva.
cirúrxica//Tempo de implanta-* Mucosa oral.
ción e retirada do material
radiactivo superior a 60 minu-
tos//Anestesia xeral//Coidados
poscirúrxicos durante o trata-
mento//Rx ortogonal//Estudio dosi-
métrico con representación gráfica
de distribución de doses e definición
de dose en volumes tumorais e críticos.
Cálculo con curvas de isodose.
Sempre con verificación.

Braquiterapia Nivel IV
Nivel IV196.650 ptas.

NIVEL IV

Tratamentos intersticiais con* Lingua.
carga directa//Manipulación* Solo de boca.
cirúrxica complexa//Tempo de* Farinxe.
implantación e retirada do material
radiactivo superior a 80 minu-
tos//Anestesia xeral tanto na
implantación como na retirada
do material radiactivo//
Rx ortogonal//Estudio dosi-
métrico con representación gráfica
de distribución de doses e definición
de dose en volumes tumorais
e críticos.
Cálculo con curvas de isodose.

Sempre con verificación.

3.4.5. Radioterapia superficial1.248 ptas.
3.4.6. Quimioterapia proceso37.493 ptas.
Porcentaxe de aumento3,5%
3.4.7. Quimioterapia ciclo16.068 ptas.
Porcentaxe de aumento3,5%

3.5. Medicina nuclear.

3.5.1. Probas diagnósticas/estudios morfofuncionais.

Medicina nuclear Grupo I

Grupo I8.510 ptas.

GRUPO I

* Anxigammagrafía cerebral.

* Anxigammagrafía hepática.

* Captación tiroidea.

* Cistogammagrafía indirecta.

* Cistogammagrafía directa.

* Gammagrafía de corpo enteiro con I-131.

* Detección mucosa gástrica ectópica.

* Diagnóstico positivo de IAM.

* Ventriculografía de primeiro paso e shunts.

* Gammagrafía shunt peritoneo venoso.

* Ggrafía. dinámica glándulas salivares.

* Ventriculografía en equilibrio.

* Estudio funcional renal/renograma.

* Flebogammagrafía.

* Gammagrafía cerebral.

* Gammagrafía escrotal e testicular.

* Gammagrafía hepática.

* Gammagrafía de medula ósea.

* Gammagrafía ósea de corpo enteiro.

* Gammagrafía de paratiroide.

* Gammagrafía pulmonar perfusión

* Gammagrafía renal.

* Gammagrafía tiroidea.

* Detección refluxo gastro-esofáxico.

* Linfogammagrafía.

* SPECT hepático.

* SPECT óseo.

* Test de Shilling.

* Estudio de baleiramento gástrico.

* Renograma tras captopril.

* Renograma tras furosemida.

* Gammagrafía esplénica.

* Estudio tránsito esofáxico.

* SPECT renal.

* SPECT pulmonar.

* SPECT cerebral con gliconato.

Medicina nuclear. Grupo II

Grupo II17.587 ptas.

GRUPO II

* Detección de hemorraxias intestinais.

* Gammagrafía de vías biliares.

* Perfusión miocárdica con talio.

* Gammagrafía meduloadrenal.

* Gammagrafía pulmonar ventilación.

* Gammagrafía de corpo enteiro con galio.

* Gammagrafía de corpo enteiro con MIBG.

* SPECT cardíaco.

* SPECT oncolóxico con galio.

* Ggrafía. pulmonar ventilación/perfusión.

* Gammagrafía pulmonar con galio.

* Gammagrafía hepática con galio.

* Gammagrafía de corpo enteiro con talio.

Medicina nuclear. Grupo III

Grupo III

* Exploracións MIBG-Y13133.120 ptas.

Medicina nuclear. Grupo Grupo IV

Grupo IV

* SPECT cerebral56.925 ptas.

Medicina nuclear. Grupo V

Grupo V

* Gammagrafía corticoadrenal88.497 ptas.

No caso das probas de cardioloxía nuclear que precisen avaliación en repouso/esforzo poderase ademais facturar como concepto engadido a proba de esforzo por un importe de 11.346 ptas.

3.5.2. Tratamentos con medicina nuclear.

-CA de tiroide I 13197.342 ptas.

-Hipertiroidismo I 13131.676 ptas.

-ITRIO intramuscular Y9036.820 ptas.

-Policitemia VERA P3245.426 ptas.

Os concertos de asistencia sanitaria nos que figuren probas recollidas nos apartados 3.4. e 3.5. non serán obxecto de revisión de tarifas con efectos retroactivos.

3.6. Rehabilitación.

3.6.1. Por cada mes completo de tratamento en réxime de sesión diaria12.149 ptas.

Porcentaxe de aumento3,5%

3.6.2. Por cada día ou sesión deste tratamento486 ptas.

Porcentaxe de aumento3,5%

3.7. Fisioterapia e logopedia.

3.7.1. Por cada mes completo de tratamento de fisioterapia ou logopedia en réxime de sesión diaria14.307 ptas.

Porcentaxe de aumento3,5%

3.7.2. Por cada sesión deste tratamento568 ptas.

Porcentaxe de aumento3,5%

3.8. Rehabilitación para paralíticos cerebrais.

3.8.1. Por cada mes completo de tratamento de rehabilitación integral, incluíndo fisioterapia, logopedia, foniatría, terapia ocupacional, ortopedia e neuropediatría26.454 ptas.

Porcentaxe de aumento3,5%

3.8.2. Por cada sesión deste tratamento1.058 ptas.

Porcentaxe de aumento3,5%

3.9 Hemodiálise por sesión.

3.9.1. En centros hospitalarios.

Porcentaxe de aumento3,5%

Tarifa máxima19.032 ptas.

3.9.2. Nun club de diálise.

Porcentaxe de aumento3,5%

Tarifa máxima18.125 ptas.

3.9.3. En centros satélites con persoal sanitario do Servicio Galego de Saúde.

Porcentaxe de aumento3,5%

Tarifa máxima14.431 ptas.

3.9.4. En centros satélites con persoal sanitario da empresa concertada.

Porcentaxe de aumento3,5%

Tarifa máxima17.160 ptas.

3.9.5. No domicilio do enfermo con máquina.

Porcentaxe de aumento3,5%

Tarifa máxima15.950 ptas.

3.9.6. Diálise domiciliaria con máquina a través de club de diálise.

Porcentaxe de aumento3,5%

Tarifa máxima15.949 ptas.

3.10. Hemodiálise por día.

3.10.1. Diálise peritoneal ambulatoria continua (DPAC).

Porcentaxe de aumento3,5%

Tarifa máxima5.918 ptas.

3.10.2. Diálise peritoneal domiciliaria con cicladora.

Porcentaxe de aumento3,5%

Tarifa máxima10.774 ptas.

3.10.3. Diálise peritoneal ambulatoria a través de club de diálise.

Porcentaxe de aumento3,5%

Tarifa máxima5.918 ptas.

3.10.4. Diálise peritoneal domiciliaria con último cambio automático.

Porcentaxe de aumento3,5%

Tarifa máxima7.300 ptas.

3.10.5. Suplemento por dialización mediante concentrados de bicarbonato:

-Hemodiálise no domicilio do enfermo con máquina2.239 ptas.

-Resto de hemodiálise1.173 ptas.

Co obxecto da facturación e aboamento dos servicios de hemodiálise a domicilio e diálise peritoneal ambulatoria continua, as tarifas establecidas no apartado anterior para estas prestacións diferenciaranse, dada a súa distinta fiscalidade, nos conceptos que se recollen a continuación.

Hemodiálise a domicilio con máquina:

-Material funxible6.692 ptas.

-Material fixo9.257 ptas.

Diálise ambulatoria continua:

-Material funxible5.918 ptas.

Diálise a domicilio con ciclador:

-Material funxible8.547 ptas.

-Material fixo2.227 ptas.

Con independencia da tarifa fixada no apartado 3.9, punto 5, por cada sesión de hemodiálise domiciliaria con máquina aboaráselle á empresa concertada a cantidade, de pagamento único, de 269.100 ptas. en concepto de gastos pola instalación dos aparellos e exclusivamente para aqueles enfermos que utilicen por primeira vez o tratamento de hemodiálise no seu domicilio.

Polos servicios de diálise peritoneal ambulatoria, prestados no domicilio do enfermo a través dun club de diálise, o Sergas aboará, ademais da tarifa por sesión establecida no apartado 3.10, punto 3, en concepto de pagamento único pola formación, e adestramento do enfermo nas operacións previas á diálise, unha vez remitido o enfermo logo da instalación do catéter polo centro de referencia, a cantidade de 48.438 ptas., que se aboarán na facturación do mes seguinte ó do inicio do tratamento.

Así mesmo, na diálise domiciliaria realizada mediante un club de diálise, en concepto de seguimento clínico e controis analíticos rutineiros aboarase a cantidade de 780 ptas. por sesión.

O Sergas aboará ó enfermo por cada sesión de hemodiálise domiciliaria con máquina, a cantidade de 778 pesetas por sesión como compensación económica polo consumo de auga e electricidade, aboándose ó enfermo, no suposto da diálise peritoneal domiciliaria con cicladora, a cantidade de 2.228 pesetas mensuais por gastos de electricidade.

3.11 Exploracións mediante «Tac-Scanner».

3.11.1. Por cada exploración con ou sen contraste15.000 ptas.

Porcentaxe de aumento

3.12 Exploracións mediante resonancia nuclear magnética.

3.12.1. Por cada estudio simple37.000 ptas.

Porcentaxe de aumento

3.12.2. Por cada estudio dobre55.000 ptas.

Porcentaxe de aumento

3.12.3. Por cada estudio vascular55.000 ptas.

Porcentaxe de aumento

3.12.4. Plus de anestesia15.000 ptas.

Porcentaxe de aumento

3.12.5. Plus de contraste8.000 ptas.

Porcentaxe de aumento

3.13 Detección de doadores de órganos e tecidos. Este proceso comprenderá tódalas probas e tratamentos precisos para a xeración de organos e tecidos.

Doador efectivo838.350 ptas.

4. Actualización dos prezos dos conceptos vixentes.

As tarifas dos concertos vixentes con anterioridade á entrada en vigor da presente orde para a realización de servicios especiais de diagnóstico e tratamento, incrementaranse, en cada caso, nas porcentaxes establecidas en cada un dos apartados anteriores sempre que non superen as tarifas máximas fixadas para 1996.

Estas actualizacións de tarifas non serán aplicables se no texto do concerto se prevé unha cláusula de revisión distinta.

Os prezos dos concertos vixentes para as distintas prestacións de medicina nuclear e dos servicios de diagnóstico e tratamento non incluídos nos apartados anteriores incrementaranse, así mesmo, nun 3,5 por 100.

5. Asistencia concertada por procesos médicos ou cirúrxicos.

5.1 Litotricia renal extracorpórea, tarifa máxima por proceso150.000 ptas.

Porcentaxe de aumento

5.2 Outros procesos médicos ou cirúrxicos.

A Dirección Xeral de Atención Especializada poderá propoñe-la concertación de procesos médicos e/ou cirúrxicos distintos ós sinalados nos apartados anteriores de xeito individualizado ós centros privados xa concertados ou non. As condicións económicas e asistenciais quedarán fixadas con carácter previo e reflectiranse nos pregos ou requisitos de contratación.

5.3 A facturación por procesos médicos e cirúrxicos será incompatible coa facturación por estadías.

Artigo 2º.-Concertos singulares.

1. A Dirección Xeral de Atención Especializada poderá propoñe-la subscrición de concertos singulares distintos ós referidos no apartado 2.1 da circular nº1 conxunta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, Secretaría Xeral e Dirección Xeral de Atención Especializada sobre procedemento de concertos de asistencia sanitaria.

2. As condicións económicas dos citados concertos estableceranse con carácter previo, podendo determinarse baixo a modalidade de unidades ponderadas de asistencia (UPAS), ou outras medidas de actividade asistencial.

3. A revisión das condicións económicas dos concertos singulares vixentes realizarase de acordo co previsto en cada un dos concertos subscritos, tendo en conta o grao de cumprimento dos obxectivos asistenciais pactados en cada caso e da actividade para 1996, na que se incluirán os procesos médicos cirúrxicos que se determinarán en función das necesidades asistenciais.

Artigo 3º

Delégase nos directores provinciais do Sergas a competencia para a sinatura dos concertos individuais que sexan precisos de:

-Monitorizacións e terapias domiciliarias relacionadas con actividade respiratoria.

-Osixenoterapia a domicilio, incluíndo aerosolterapia e ventiloterapia.

-Hemodiálise e diálise domiciliaria.

Sen prexuízo das instruccións que ó respecto dicte a Dirección Xeral de Recursos Económicos e sen que en ningún caso poidan superarse as tarifas fixadas nesta orde.

Artigo 4º.-Normas de procedemento.

1. A revisión das tarifas dos concertos vixentes a 31 de decembro de 1995 será realizada automaticamente polo Servicio Galego de Saúde, con efectos desde o 1 de xaneiro de 1996.

Para os concertos subscritos con posterioridade ó 31 de decembro 1995 a aplicación da revisión das tarifas será desde a data da súa formalización.

Agás que nas súas estipulacións se recolla outra cousa.

Nas autorizacións de uso temporal a tarifa aplicable será a que expresamente sexa aceptada pola empresa para o período da súa vixencia. Non obstante a partir da data de entrada en vigor desta orde, as tarifas máximas que se autoricen serán as incluídas nela.

2. Para axiliza-la aplicación desta norma deberase observa-lo seguinte procedemento:

2.1 Con independencia do procedemento de revisión previsto no artigo 2º para os concertos singulares, os directores provinciais do Servicio Galego de Saúde, no prazo máximo de vinte días naturais a partir da data de publicación desta disposición, formularán

unha «nota dilixencia», por cada concerto vixente na súa provincia, na que se faga consta-la contía do incremento e os novos prezos resultantes por cada unha das prestacións ou servicios que a empresa teña validamente concertados, así como a data a partir da cal se adquira dereito ó incremento.

O contido desa nota dilixencia comunicarase por calquera medio que permita deixar constancia ó representante legal da empresa concertada á que se lle dá un prazo máximo de quince días naturais para presentar escrito de conformidade, ou, se é o caso, as alegacións que consideren oportunas.

2.2 Se transcorrido o prazo indicado non se producise algunha comunicación por parte da empresa concertada ou se recibise escrito de conformidade desta, o director provincial remitirá a nota coa dilixencia sen asinar á Intervención Territorial Delegada para a súa preceptiva fiscalización. Unha vez intervida favorablemente, o director provincial emitirá resolución que eleve a definitiva a revisión proposta.

Esta resolución acompañada dun exemplar da nota coa dilixencia remitirase á empresa concertada por calquera medio que permita deixar constancia, á Secretaría Xeral, á Intervención Territorial e á Subdirección Xeral de Orzamentos da Dirección Xeral de Recursos Económicos.

2.3 Se transcorrido o prazo de quince días naturais se recibe escrito de desconformidade por parte da empresa concertada, a dirección provincial elevará o expediente á Dirección Xeral de Recursos Económicos para a resolución que proceda.

Artigo 5º

As unidades de control de concertos das direccións provinciais, velarán polo correcto cumprimento das obrigas das empresas concertadas e, en particular, das que se refiren ó tratamento adecuado dos enfermos da Seguridade Social.

Artigo 6º

A aplicación retroactiva desta orde con efectos desde o 1 de xaneiro de 1996 á que se refire o artigo 4º. non será aplicable no caso de autorizacións temporais de uso, nas que a tarifa aplicable será a expresamente aceptada pola empresa para o período de vixencia. Non obstante, a partir da data da entrada en vigor desta orde, as tarifas máximas autorizadas que poderán ser establecidas en novas autorizacións de uso serán as incluídas nelas.

Artigo 7º.-Impostos e taxas.

Nas tarifas indicadas en todos e cada un dos apartados anteriores considéranse incluídos tódolos impostos, taxas e demais cargas legais e especificamente o imposto sobre o valor engadido (IVE), dos servicios gravados con el.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o secretario xeral e o director xeral de Recursos Económicos para adopta-las medi

das necesarias en relación coa execución e desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1996.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

6502