Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 25 de novembro de 1996 Páx. 10.590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1996 pola que se anuncia o concurso público, procedemento aberto, para a contratación mediante tramitación urxente da obra de construcción do centro superior de hostelería de Galicia, 6ª fase, edificio residencia, ala oeste, na Barcia-Santiago de Compostela.

Esta secretaría unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes resolveu anuncia-lo concurso público, procedemento aberto, en tramite de urxencia para a adxudicación da obra que se cita:

1. Obxecto: construcción do Centro Superior de Hostelería de Galicia, 6ª fase, edificio residencia, ala oeste, na Barcia-Santiago de Compostela.

2. Orzamento de licitación: 193.477.272 ptas. (cento noventa e tres millóns catrocentas setenta e sete mil duascentas setenta e dúas pesetas), IVE incluído.

3. Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.

4. Prazo de execución: 12 meses.

5. Clasificación requirida: grupo C, categoría e, subgrupo 4 e 8.

6. Exposición de proxectos: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Secretaría Xeral para o Turismo, Praza de Mazarelos nº 15, de Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación das proposicións.

7. Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte o da publicación da presente resolución no DOG e rematará o décimo terceiro día hábil.

8. Lugar de presentación das proposicións: no rexistro da Secretaría Xeral para o Turismo, Praza de Mazarelos nº 15, Santiago de Compostela, e no rexistro xeral da Xunta de Galicia, desde as 9 ata as 14 horas. Se a presentación fose en sábado, farase no rexistro xeral da Xunta de Galicia. En canto as proposicións por correo haberá que aterse ó disposto na cláusula 6.2 parágrafo segundo do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Documentación que deben presenta-los licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

10. Apertura de proposicións: terá lugar na sala B da Consellería da Presidencia e Administración Pública as 10 horas do día 13 de decembro de 1996.

11. Información adicional: a solvencia económica financeira e técnica acreditarase da forma prevista na cláusula 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncio: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1996.

P.D.(Orde 21-5-1995)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

8413