Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 25 de novembro de 1996 Páx. 10.589

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO-CÉDULA de notificación (339/1995).

No procedemento de menor contía 339/1995, seguido no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela por instancia de Ramona del Río Vilaso e Juana Seoane Redondo contra a Xunta de Galicia e comunidade de Montes Barbanza de Posmarcos e persoas descoñecidas e incertas, no xuízo de menor contía, consta o auto que, copiado o seu encabezamento e parte dispositiva, é como segue:

«En Santiago de Compostela o vintecatro de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Decido declara-la improcedencia do xuízo de menor contía para tramita-la cuestión litixiosa e acorda-la conclusión do presente procedemento sen facer expresa imposición das custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos, para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días».

Así o acorda, manda e asina José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela. Dou fe.

E co fin de que sirva de notificación en forma ós demandados, persoas descoñecidas e incertas, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 30 de setembro de 1996.

O/A secretario/a

Rubricado

8635