Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 25 de novembro de 1996 Páx. 10.589

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (235/1987).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber:

Que nos autos de xuízo executivo nº 235/1987 se dictou sentencia con data do 24 de setembro de 1996 co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo, seguidos neste xulgado co nº 235/1987, entre partes: dunha, como demandante, a Caixa de Aforros de Galicia, domiciliada na Coruña, representada en autos polo procurador García Piccoli Atanes, asistida do letrado Pardo Pedernera, e da outra, como demandados, Marina Freire Landeira, Héctor Ángel Gómez Bugallo, Roberto González e María Cristina Casanega de González, veciños que foron desta cidade e na actualidade en paradoiro descoñecido, todos eles incomparecidose e en situación procesual de rebeldía, sobre póliza de préstamo.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada neste proceso contra Marina Freire Landeira, Héctor Ángel Gómez Bugallo, Roberto González e María Cristina Casanega de González ata facer remate dos bens embargados e

que se embarguen, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte executante, Caixa de Aforros de Galicia, da suma principal de 2.622.053 pesetas, gastos, xuros pactados e legais, e custas causadas e que se causen, que, preceptivamente, se lle impoñen á parte debedora, a quen lle será notificada esta resolución na forma e modo que dispón a lei para os rebeldes. Fáiselles saber ás partes que esta resolución non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro de cinco días para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Lévese certificación ó preito principal.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación ós demandados rebeldes, Marina Freire Landeira, Héctor Ángel Gómez Bugallo, Roberto González e María Cristina Casanega de González, expido este edicto, que asino e selo en Santiago de Compostela o vintecatro de setembro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

7348