Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 25 de novembro de 1996 Páx. 10.590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade das concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-0122; XG-005, entre Cotá e Lugo, e V-0369; XG-018, entre Lugo, Aspai, Candai e Vicinte.

O acordo directivo do 17 de xaneiro de 1996, autorizou a transmisión das concesións de referencia a favor da empresa Lafercar, S.L. por cesión do seu anterior titular, a empresa Luber, S.L.

O que se publica unha vez cumpridos os requisitos ós que se condicionou a dita autorización, o novo concesionario queda subrogado nos dereitos e obrigacións da concesión.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 1996.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

8595