Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 25 de novembro de 1996 Páx. 10.587

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 5 de novembro de 1996 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral da Presidencia e Administración Pública.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG nº 229, do venres, 22 de novembro de 1996, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 10.509, no sumario, onde di: «... na Secretaría Xeral da Presidencia e Administración Pública», debe dicir: «... na Secretaría Xeral da Presidencia».

-Na páxina 10.522, no anexo I, onde di: «Centro directivo: Secretaría Xeral da Presidencia e Administracón Publica», debe dicir: «Centro directivo: Secretaría Xeral da Presidencia».

8570