Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 25 de novembro de 1996 Páx. 10.585

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 1996 pola que se convocan unhas xornadas de estudio sobre contratación administrativa.

A Escola Galega de Administración Pública organiza, en colaboración coa Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, unhas Xornadas de estudio sobre contratación administrativa, conforme ás seguintes bases:

1. Obxecto.

Os días 9 e 10 de decembro de 1996 desenvolveranse, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, unhas Xornadas de estudio sobre contratación administrativa.

2. Obxectivos.

As xornadas teñen por finalidade realizar un estudio detallado dunha nova normativa sobre contratación administrativa, facendo especial fincapé nos aspectos prácticos que esta suscita.

3. Contido.

Entre outros, desenvolveranse os seguintes temas:

-O ámbito de aplicación da Lei de contratos das administracións públicas e os principios xerais que inspiran a lexislación de contratos administrativos.

-O contratista fronte á Administración pública: capacidade e prohibicións; as garantías da contratación.

-A preparación dos contratos administrativos: o expediente administrativo e os pregos de cláusulas administrativas.

-Os procedementos de adxudicación e a perfección e formalización dos contratos administrativos.

-Efectos, modificación e extinción dos contratos administrativos.

4. Destinatarios.

Persoal ó servicio de calquera das administracións públicas galegas e interesados en xeral.

5. Desenvolvemento e duración.

As xornadas abriranse o luns, día 9 de decembro, ás 9.30 horas, e rematarán, ás 13.30 horas, do martes, día 10.

6. Inscrición.

-Prazo: remata o mércores, día 4 de decembro de 1996.

-Lugar de presentación: no rexistro xeral da Escola Galega de Administración Pública (polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4-15703 Santiago de Compostela). Tfno. 57 08 00. Fax nº 57 15 40.

-Forma: as solicitudes de inscrición faranse por escrito, no modelo oficial que figura ó final destas bases. Serán rexeitadas todas aquelas peticións que non reúnan o dito requisito.

As peticións de admisión poderanse enviar por correo ordinario ou por telefax ó número consignado.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

A partir do 5 de decembro, os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando por teléfono de 10.30 a 14.45 horas, ó seguinte número: (981) 57 08 00 (Ext. 229), ou ben consultando a lista de admitidos, que se expoñerá no taboleiro de anuncios da EGAP 24 horas despois de remata-lo prazo de presentación de solicitudes.

7. Certificación de asistencia.

Entregaráselles ó remate destas xornadas a aqueles asistentes que concorresen asiduamente a elas, e expresarase neste documento a natureza da actividade e a data da súa realización.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 1996.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

8738