Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 25 de novembro de 1996 Páx. 10.582

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón, depósito no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Litografía La Artística Carnaud, S.A. (ARTISCAR)

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Litografía La Artística Carnaud, S.A. (ARTISCAR), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 26-9-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa. De conformidade co disposto no artigo 90.2º y 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación, no BOP e no DOG.

Vigo, trinta de setembro de mil novecentos noventa e seis.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de Litografía La Artística Carnaud, S.A. ano 1995

Artigo 1º.-Partes asinantes.

Son partes asinantes do presente convenio colectivo o comité de empresa, en representación do persoal dela, e pola parte económica a representación empresarial.

Artigo 2º.-Ámbito.

O convenio que se concerta entre a representación da empresa e o comité, que representan ó persoal dela, será de aplicación a todo o persoal que presta os seus servicios na empresa Artiscar, con única exclusión do persoal superior a que fai referencia o artigo 3.1º k) da lei de relacións laborais.

Artigo 3º.-Vixencia.

O presente convenio terá unha vixencia dun ano, é dicir, do 1-1-1996 ó 31-12-1996, calquera que sexa a data do seu asinamento ou publicación no Boletín Oficial da provincia, os efectos económicos retrotraeranse en todo caso ó 1 de xaneiro de 1995.

O convenio prorrogarase por un ano máis, agás denuncia dalgunha das partes cun mes de antelación á fin da súa vixencia.

Denunciado o convenio subsistirán os seus proxectos ata a entrada en vigor do que o substitúa.

Artigo 4º.-Normas supletorias.

Para todo o non previsto neste convenio, atenderase ás leis vixentes.

Artigo 5º.-Dereitos adquiridos.

As melloras económicas e sociais establecidas neste convenio recoñécense como mínimas e non poderán ser absorbidas nin compensadas por melloras voluntarias anteriores. Respectaranse os dereitos adquiridos e as condicións máis beneficiosas que puidesen existir na empresa.

Artigo 6º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 1.743,75 horas efectivas de traballo en cómputo anual para os anos 1995 e 1996.

Artigo 7º.-Vacacións.

As vacacións anuais para todo o persoal será de 30 días naturais. A data de vacacións anunciarase con dous meses de antelación a tódolos traballadores de acordo co comité de empresa.

Artigo 8º.-Salario.

Na táboa anexa figura o salario que rexerá para o ano 1996.

No caso de que o índice de prezos ó consumo (IPC) establecido polo INE rexistrase, o 31 de decembro de 1995, un incremento respecto ó 1 de xaneiro do mesmo ano superior ó 3,65% e tan pronto como se constate oficialmente a dita circunstancia, efectuarase unha revisión salarial. Esta revisión,

no caso de que haxa que facela efectiva, serao a partir do 1 de xaneiro de 1997 e consistirá na aplicación do exceso sobre o citado tanto por cento ás táboas salariais do ano 1995.

Artigo 9º.-Antigüidade.

O persoal percibirá incrementos por antigüidade a razón de trienios do 3% sobre o salario base, ata un máximo de dez.

Artigo 10º.-Plus de asistencia e puntualidade.

A empresa aboará un plus de asistencia e puntualidade consistente nun 10% sobre o salario base convenio máis antigüidade. O plus computarase por períodos semanais, e terán dereito a el o persoal que non cometese máis dunha falta de asistencia ou puntualidade no dito período. Existe unha tolerancia de tres minutos para efectos de puntualidade. Tamén se percibirá en vacacións, consultas médicas e liciencias.

Artigo 11º.-Traslado.

O persoal procedente do anterior centro de traballo (Coia) percibirá en concepto de compensación por traslado un plus de 3,4% sobre o salario base máis antigüidade.

Artigo 12º.-Plus de transporte.

Manterase na contía e condicións de 1995.

Artigo 13º.-Pagas extraordinarias e de beneficios.

Os traballadores percibirán unha gratificación de beneficios do 10% sobre os salarios base previstos neste convenio, incrementados con antigüidade, as dúas pagas extraordinarias e o 3,4% nos casos que proceda, en forma e condicións previstas, que se aboará no mes de marzo, entre o 5 e o 20.

Os traballadores percibirán unha gratificación de trinta días de salario base máis antigüidade, 3,4% nos casos que proceda, puntualidade e parte correspondente á media da prima, valorada en 5.336 ptas. en cada un dos meses de xullo e decembro, que se farán efectivas nos días 15 e 20 dos meses correspondentes.

Artigo 14º.-Horas extraordinarias.

Tenderase á supresión de horas extraordinarias habituais. Realizaranse as que estean esixidas para reparar sinistros e danos. Manteranse as necesarias nos ciclos de producción punta ou por necesidades de realizar pedidos imprevistos, sempre que non sexa posible a contratación de persoal eventual, e respectando a liberdade do traballador.

O importe das horas extraordinarias será o que figura na táboa anexa.

Artigo 15º.-Axuda escolar.

Tódolos traballadores terán dereito a percibir por cada fillo estudiante, logo de xustificación, a cantidade de 1.186 ptas. mensuais. A axuda escolar percibirase desde os tres ata os 30 anos de idade do fillo estudiante.

Artigo 16º.-Vacantes.

Cando un posto de traballo queda temporalmente vacante nunha das quendas, será cuberto, se é necesario, tendo en conta as dispoñibilidades de persoal. Sempre que sexa posible contratarase, prioritariamente, persoal externo.

As vacantes producidas por xubilación, cesamentos, falecementos, serán cubertas con ingresos de novo persoal dentro das necesidades da empresa, dándolles prioridade, en igualdade de condicións, ós fillos das persoas que traballan nesta empresa.

Artigo 17º.-Seguridade e hixiene.

A empresa obrígase ó cumprimento das normas de seguridade e hixiene no traballo en materia: de aseos vestiarios, dotación sanitaria, botas, duchas, etc., de conformidade coa Ordenanza laboral de seguridade e hixiene vixente.

Artigo 18º.-Revisión médica.

Practicarase unha revisión médica a todo o persoal no primeiro semestre deste ano.

Artigo 19º.-Aprendizaxe e servicio militar.

Os anos traballados como aprendiz noutra empresa do mesmo ramo serán computados para efectos de duración de aprendizaxe.

Durante o período de servicio militar obrigatorio, a empresa aboaralles ós traballadores as dúas pagas extraordinarias en vigor en cada momento.

Artigo 20º.-Ausencias retribuídas.

O traballador, avisando coa posible antelación, e xustificándoo, poderá faltar ou ausentarse do traballo con dereito a remuneración por algún dos motivos e durante o tempo que a seguir se expoñen:

a) 15 días naturais en caso de matrimonio.

b) 3 días naturais cun mínimo de dous laborables, en caso de falecemento de fillo, cónxuxe, pais, tanto en grao de consanguinidade como de afinidade.

c) 3 días naturais, en caso de falecemento de netos, avós e irmáns, tanto en grao de consanguinidade como de afinidade.

d) 3 días naturais en caso de enfermidade grave, debidamente xustificada, de fillo, cónxuxe, pais, irmáns, avós e netos, tanto en grao de consanguinidade como de afinidade.

e) 3 días naturais, cun mínimo de dous laborables, en caso de nacemento de fillo.

f) 1 día natural en caso de matrimonio de fillos, pais, irmáns, netos, avós, tanto en grao de consanguinidade como de afinidade.

g) 1 día por traslado do domicilio habitual.

h) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público e persoal.

i) Polo tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica.

j) O tempo necesario para o cumprimento de funcións de carácter sindical, que non excedan de 40 horas laborables, mensualmente.

Os apartados b) e d) terán un incremento de dous días naturais, cando ó traballador, por motivo de desprazamento, lle fose necesario.

Artigo 21º.-Categorías.

Os peóns serán promovidos á categoría de especialistas de 1ª como máximo ós 18 meses de antigüidade na empresa. Por conseguinte, a categoría de especialista de 2ª queda eliminada.

Artigo 22º.-Xubilacións.

Os traballadores que cumpran 65 anos durante 1996 e reúnan o período de carencia e demais requisitos para causar dereito a prestación de xubilación con cargo á Seguridade Social, estarán obrigados a xubilarse, por acordo do persoal no dito ano, percibindo como contraprestación, e por unha soa vez, a cantidade de 331.000 ptas. Así mesmo, percibirán este premio todos aqueles traballadores que causen baixa na empresa por enfermidade ou accidente, sempre que leven 5 anos como mínimo nela. Para tal efecto haberá que aterse ó que resolva a Comisión de Avaliación de Incapacidades do INSS.

Se a xubilación se produce ós 64 anos percibirase, por unha soa vez, a cantidade de 400.000 ptas. Se a xubilación se produce ós 63 anos percibirase, por unha soa vez, a cantidade de 428.000 ptas. Se a xubilación se produce ós 62 anos, percibirase, por unha soa vez, a cantidade de 462.000 ptas. Se a xubilación se produce ós 61 anos, percibirase, por unha soa vez, a cantidade de 503.000 ptas. Se a xubilación se produce ós 60 anos percibirase, por unha soa vez, a cantidade de 531.000 ptas.

Tan pronto como entre en vigor algunha normativa legal de obrigado cumprimento relacionada coa xubilación, enténdese que non procede o devengo das cantidades anteriormente extresadas.

Artigo 23º.-Roupa de traballo.

A empresa entregará dúas pezas de roupa de traballo ó ano para cada traballador.

Artigo 24º.-Funcións do comité de empresa.

O comité de empresa terá as seguintes funcións:

a) Vixia-lo cumprimento das normas laborais, seguridade e hixiene e Seguridade Social, advertindo á dirección das posibles infraccións e exercitando a posible reclamación.

b) Ser informado dos postos de traballo que a empresa pensa cubrir, así como das condicións dos novos postos.

c) Ser informado das medidas que poidan adoptarse sobre:

-Reestructuración do cadro de persoal.

-Introducción de novos sistemas de traballo e incentivos (primas, ascensos, etc.).

-De calquera medida disciplinaria, por falta grave ou moi grave, e notificarase a sanción con antelación ó comité.

-A empresa informará trimestralmente acerca da situación e marcha xeral dela.

-Os contratos de traballo serán coñecidos polo comité.

Artigo 25º.-Garantías e dereitos sindicais.

Ningún traballador poderá ser limitado nas súas garantías sindicais, especialmente nos seguintes casos:

-Despedir a un traballador, sancionalo, discriminalo ou causarlle calquea tipo de prexuízo por razón da súa afiliación ou polo exercicio dos seus dereitos sindicais.

-Condiciona-lo emprego ou o ascenso pola súa afiliación ou non afiliación a un sindicato

Artigo 26º.-Seccións sindicais.

As seccions sindicais de empresa terán as seguintes garantías:

a) No suposto de medidas disciplinarias contra calquera afiliado, a empresa xunto co escrito de sanción ó interesado, entregará unha copia para a súa sección sindical.

b) As sección sindicais poderán difundir libremente as publicacións da súa central, cobrar cotas e afiliar, sen máis limitacións cá non obstaculización da producción.

c) As seccións sindicais cunha afiliación do 10% do total do cadro de persoal poderán realizar asembleas fóra das horas de traballo, nos locais da empresa, logo de llo solicitar a esta.

d) As seccións sindicais da empresa que cumpran o 10% disporán para o conxunto dos seus afiliados de ata un máximo de 7 días anuais de licencia non retribuída, para asistencia a cursos, congresos, etc. da súa central. A licencia requirirá notificación á empresa cunha semana de antelación.

e) A empresa estará obrigada a concede-la excedencia, polo tempo necesario, para os traballadores que ocupen un cargo sindical, con carácter alomenos provincial.

f) A empresa, logo de solicitude escrita do traballador, descontará da nómina a cota sindical.

Artigo 27º.-Incapacidade permanente parcial.

No caso de incapacidade laboral permanente-parcial, se non puidese realizar algún tipo de traballo non correspondente á súa categoría profesional, a empresa estará obrigada a proporcionarlle traballo sen menoscabo da contía que lle corresponde á súa categoría.

Artigo 28º.-Accidente laboral.

A partir do sétimo día natural inclusive, contado desde a data da baixa laboral transitoria que se produza como consecuencia dun accidente laboral ocorrido durante a xornada de traballo efectivo e dentro do recinto do centro de traballo, completarase a retribución para acada-la totalidade do salario establecido no convenio colectivo, quedando excluídas as horas extraordinarias que se liquidarán, en todo caso, conforme coa normativa vixente. No caso de que o accidente dea lugar a internamento hospitalario de, polo menos, 5 días a partir do momento en que se produza, completarase a retribución a partir do 1º día inclusive. Este acordo tamén é de aplicación para o accidente laboral ocorrido no exterior do recinto da empresa, para o caso de que o traballador se atope efectuando un servicio concreto solicitado pola empresa e dentro da súa xornada efectiva de traballo.

Artigo 29º.-Información do comité ó persoal.

A empresa facilitará os medios necesarios (máquina de escribir, multicopista, fotocopiadora, etc., así como persoal para manexalos), co fin de facilita-la información que o comité considera necesario pasar a todo o cadro de persoal da empresa.

Artigo 30º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e cumprimento das cláusulas deste convenio colectivo e, en xeral, para atender a cantas cuestións se deriven del, é dicir, da súa aplicación, establécese unha comisión paritaria, integrada polas partes negociadoras deste convenio, e poderán asistir asesores de ámbalas partes.

Artigo 31º.-Autonomía.

As partes sométense ó presente convenio, con expresa exclusión de calquera outro que se establecese ou estableza durante 1996, sexa por acordo entre as partes sexa por resolución administrativa.

As normas do presente convenio, entendido como una totalidade, terán primacía sobre calquera outra, dada a liberdade e autonomía das partes negociadoras.

TÁBOA SALARIAL 1996

Categorías

Soldos

Horas extras

NormaisFestivas

Aprendiz de 4º ano3.3171.3091.568
Peón3.3451.4261.713
Especialista 1ª4.0991.6231.944
Oficial 3ª4.2961.7002.040
Oficial 2ª4.4951.7802.133
Oficial 1ª4.6911.8582.232
Oficial Esp. litógrafo4.8891.9382.322
Encargado de sección5.0842.0172.418
Gardas e serenos4.0991.6231.944
Porteiros4.0991.6231.944
Almaceneiros e listeros4.2961.7002.040

Administrativos

Xefe de 1ª

160.4072.0912.508
Xefe de 2ª154.5262.0172.418

Categorías

Soldos

Horas extras

NormaisFestivas

Oficial de 1ª142.6931.8582.232
Oficial de 2ª136.6411.7802.133
Auxiliar130.9131.7002.040

Técnicos

Delineante, debuxante

Proxec. 1º

144.1801.8792.253
Idem 2ª138.1291.7992.155
Idem 3ª132.1661.7172.062
Mestro encargado160.4072.0902.508
Titulado grao medio160.4072.0902.508
Titulado grao superior211.177

8616