Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 25 de novembro de 1996 Páx. 10.587

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 31 de outubro de 1996 pola que se resolve a convocatoria para a provisión polo sistema de libre designación de dous postos de traballo vacantes na Secretaría Xeral para o Turismo.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Secretaría Xeral para o Turismo, por Orde do 13 de setembro de 1996 (DOG nº 189, do 26) esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se indican ós funcionarios que se expresan no anexo da presente orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días, contados a partir da publicación da presente orde.

A toma de posesión deberase facer no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta o seu servicio o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde cause alta o funcionario efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente realizaránse os trámites para a súa alta en nómina.

Da dilixencia efectuada será remitida copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Presidencia e Administración Pública.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicalo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administracio Publica

ANEXO

-Nº Rexistro persoal: 3243020757A2051.

Grupo: B.

Apelidos e nome: Galiana Galán, José Ignacio.

Posto de traballo: xefe servicio de Formación, Cooperación Institucional e Documentación.

Código R.P.T.: PRP050000115770120.

Nivel: 28.

Localidade: Santiago de Compostela.

Dependencia: Secretaría Xeral para o Turismo.

-Nº Rexistro persoal: 3499535057A2059.

Grupo: D.

Apelidos e nome: López Docampo, Beatriz.

Posto de traballo: secretaria dirección.

Código R.P.T.: PRP050000015770001.

Nivel: 18.

Localidade: Santiago de Compostela.

Dependencia: Secretaría Xeral para o Turismo.

8473