Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 25 de novembro de 1996 Páx. 10.547

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 388/1996, do 31 de outubro, polo que se modifican as estructuras orgánicas da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

Advertidos erros no texto do citado decreto, publicado no DOG nº 220, do luns 11 de novembro de 1996, cómpre efectua-las correccións oportunas:

-Na páxina 10.083, artigo 6.1, apartado 1.1, onde di: «Servicio de Defensa da Calidade Alimentaria», debe dicir: «Servicio de Defensa da Calidade Agroalimentaria».

-Na mesma páxina, artigo 6.1, apartado 1.2, onde di: «Servicio de Promoción Alimentaria», debe dicir: «Servicio de Promoción Agroalimentaria».

-Na páxina 10.084, artigo 17º, onde di: «...a Subdirección Xeral de Axudas P.A.C.», debe dicir: «...a Subdirección Xeral de Xestión da Política Agrícola Común...».

-Na mesma páxina, artigo 18º A) 2-j), onde di: «A confección e xestión do orzamento do instituto e da súa tesourería...», debe dicir: «A confección do borrador de anteproxecto do orzamento do instituto e a xestión do aprobado e da súa tesourería...».

-Na páxina 10.086, disposición adicional, primeira liña, onde di: «A Área de Inspección e Control...», debe dicir: «A Sección de Inspección e Control...».

8375