Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 22 de novembro de 1996 Páx. 10.530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto e o trámite de urxencia para a contratación da subministración dun plan de necesidades: equipamento de anatomía patolóxica e banco de sangue. (C.P. 51/1996).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración dun plan de necesidades-equipamento de anatomía patolóxica e banco de sangue.

Orzamento: 8.950.000 pesetas.

Garantía provisional: 179.000 ptas.

-Lote 1: zinguidor de inmunohistoquímica.

Orzamento: 5.850.000 ptas.

Garantía provisional: 117.000 ptas.

-Lote 2: microtomo de retracción.

Orzamento: 2.000.000 de ptas.

Garantía provisional: 40.000 ptas.

-Lote 3: conxelador vertical.

Orzamento: 1.100.000 ptas.

Garantía provisional: 22.000 ptas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e o trámite de urxencia.

Prazo de entrega: quince días desde a notificación da adxudicación ó contratista.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

-Prezo ofertado: 50%.

-Prestacións e calidade: 35%.

-Vida útil, servicio técnico e mantemento: 15%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Servicio de Contratación (Planta soto do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 71.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas de Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquél no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 30 de outubro de 1996.

Jesús Caramés Bouzá

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

8554