Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 22 de novembro de 1996 Páx. 10.530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1996, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto e o trámite de urxencia para a contratación da subministración dun plan de necesidades: aparellos e dispositivos médicos, servicio de criocirurxía e banco de tecidos (C.P. 50/1996).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude

das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración dun plan de necesidades-aparellos e dispositivos médicos-servicio de criocirurxía e banco de tecidos.

Orzamento: 23.000.000 de ptas.

Garantía provisional: 460.000 ptas.

-Lote 1: contedores transporte N2L/DRY SHIPPER.

Orzamento: 792.000 ptas.

Garantía provisional: 15.840 ptas.

-Lote 2: tanque almacén de N2L 600 L. capacidade.

Orzamento: 6.025.000 ptas.

Garantía provisional: 120.500 ptas.

-Lote 3: sistema completo control crioxenia e seguridade-telealarma.

Orzamento: 2.000.000 de ptas.

Garantía provisional: 40.000 ptas.

-Lote 4: equipo informático.

Orzamento: 2.650.000 ptas.

Garantía provisional: 53.000 ptas.

-Lote 5: máquina fabricadora de xelo-pilé.

Orzamento: 610.000 ptas.

Garantía provisional: 12.200 ptas.

-Lote 6: xogos completos dilatadores Hegar.

Orzamento: 284.000 ptas.

Garantía provisional: 5.680 ptas.

-Lote 7: gafas lupa microcirurxía.

Orzamento: 355.000 ptas.

Garantía provisional: 7.100 ptas.

-Lote 8: sistema autónomo de control temperatura.

Orzamento: 370.000 ptas.

Garantía provisional: 7.400 ptas.

-Lote 9: bomba peristáltica automatizada.

Orzamento: 820.000 ptas.

Garantía provisional: 16.400 ptas.

-Lote 10: caixas de esterelización c/ xogo completo p/microcirurxía.

Orzamento: 510.000 ptas.

Garantía provisional: 10.200 ptas.

-Lote 11: termopares control cámara conxelación programada CM25.

Orzamento: 120.000 ptas.

Garantía provisional: 2.400 ptas.

-Lote 12: estufa cultivo.

Orzamento: 1.100.000 ptas.

Garantía provisional: 22.000 ptas.

-Lote 13: conxelador vertical de -80ºC.

Orzamento: 1.500.000 ptas.

Garantía provisional: 30.000 ptas.

-Lote 14: conxelador horizontal de -150ºC.

Orzamento: 4.000.000 de ptas.

Garantía provisional: 80.000 ptas.

-Lote 15: sistema completo observación microscopía e gravación imaxen cor.

Orzamento: 1.864.000 ptas.

Garantía provisional: 37.280 ptas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e o trámite de urxencia.

Prazo de entrega: quince días dende a notificación da adxudicación o contratista.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

-Prezo ofertado: 50%.

-Prestacións e calidade: 35%.

-Vida útil, servicio técnico e mantemento: 15%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta soto do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 71.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e firmadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas de Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo pri

meiro día natural contado desde o seguinte a aquél no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 30 de outubro de 1996.

Jesús Caramés Bouzá

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

8561