Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 22 de novembro de 1996 Páx. 10.529

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1996, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas do concurso público 1CCP/96, que ten por obxecto a adquisición de luvas sanitarias.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle

foron delegadas, conforme o establecido na Orde do 22-5-1996 do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de atribucións en órganos centrais e periféricos, que neste aspecto reproduce exactamente o disposto na Orde do 15 de setembro de 1994, do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para dar cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda dar publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato de subministración.

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Provincial do Sergas da Coruña, rúa Durán Loriga nº 3.

c) Número de expediente: 1CCP/96.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición de luvas sanitarias.

Lotes:

A-Luva de cirurxía (par).

B-Luva látex non estéril (unidade).

C-Luva cloruro de vinilo non estéril (unidade).

D-Luva estéril planta (par).

E-Luva plástico non estéril (unidade).

c) Anuncio de licitación publicado no DOG nº 108, do luns 3 de xuño de 1996.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento total: 49.949.900 ptas. (IVE incluído) (Corenta e nove millóns novecentas corenta e nove mil pesetas).

5. Adxudicacións:

a) Data: 5 de setembro de 1996.

b) Contratistas:

-Lote A: Prolax, S.A.: 20.976.000 ptas.

r/ Estrada Navata, s/n.

17745 Lladó (Gerona).

-Lote B: Pacisa, S.A.: 18.278.000 ptas.

r/ Aragoneses, 2.

28100 Alcobendas (Madrid).

-Lote C: Gamapack, S.A.: 6.982.500 ptas.

r/ Magarola, 1-3, Nave E.

Polígono La Magarola.

08292 Esparraguera (Barcelona).

-Lote D: deserto.

-Lote E: Sumcyl, S.L.: 2.231.250 ptas.

Polígono Industrial do Tambre, P-110-1ª trav.

15890 Santiago de Compostela.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe total adxudicado: 48.467.750 ptas.

A Coruña, 10 de outubro de 1996.

Antonio Martínez Calvo

Director provincial da Coruña

8553