Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 22 de novembro de 1996 Páx. 10.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 novembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a subministración consistente na adquisición de diverso material informático con destino ós servicios centrais e periféricos da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto:

Obxecto: contratación da subministración consistente na adquisición de diverso material informático

con destino ós servicios centrais e periféricos da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: tres millóns de pesetas (3.000.000 de ptas.).

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: 4 % do orzamento de licitación.

Prazo de execución: 15 días naturais contados desde a formalización do contrato.

Exposición de pregos: prego de cláusulas administrativas particulares así como o de prescricións técnicas estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de ofertas, os días e horas hábiles de oficina, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria (Servicio de Contratación) da secretaría xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (edificio administrativo, s/n, San Caetano, Santiago de Compostela, A Coruña).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as ofertas deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 18 de decembro de 1996.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13 horas do día 20 de decembro de 1996, na sala B de reunións da Consellería de Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 1996.

P. D. (O. 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

8263